Confín dos verdes castros e valeroso clan!

Vista aérea do castro coa ría de Arousa ao fondo. (Fotos: Miguel Á. Vidal Lojo) #castro #castros #ribeira #castrodacidá #confíndosverdescastrosevalerosoclan
star
CULTURA

O Castro da Cidá en Ribeira

O Castro da Cidá/Cidade é un recinto fortificado recentemente incorporado ao corpus de castros galegos, converténdose nun dos enclaves de referencia da arqueoloxía do Barbanza. Ademais da pegada cultural, incorpora valores paisaxísticos de primeira magnitude, pois en realidade tamén é un fantástico miradoiro natural que cativa pola magnitude e beleza da paisaxe. Localizado na parroquia de San Paio de Carreira, en Santa Uxía de Ribeira (O Barbanza), érguese nun grande outeiro a 209 metros de altura que realza a súa presenza na paisaxe. A pesar de estar a menos de 2 km da costa, dominando visualmente as entradas das rías de Arousa e Muros-Noia, non pode tipificarse como un castro costeiro ou marítimo.
Vista aérea do castro desde o sur. (Foto: Cedida) #castrodetroña #ponteareas #castro #valdotea #castros #confíndosverdescastrosevalorosoclan
star
CULTURA

O Castro de Troña: Centro neurálxico do val do Tea

A historia permítenos viaxar no tempo e ver outras vidas
Juan Luis Arsuaga

O castro de Troña sitúase na parroquia de Pías (Ponteareas), no corazón do val do río Tea, afluente pola dereita do Miño, unha zona de penetración de produtos de orixe mediterránea cara ao interior. Ocupado de forma ininterrompida entre os séculos VI-V antes de Cristo e os séculos I-II da nosa era, esta aldea fortificada especializouse na explotación de recursos primarios (agro, gando e pesca), pero tamén na fundición de ferro, material no que os ferreiros moldean por vez primeira na historia as ferramentas e as armas dos galaicos. A explotación de ouro e estaño que, neste territorio, tiña lugar nas ribeiras dos ríos Tea e Miño, completaba a economía deste poboado prerromano.

ar-min
'Confín dos verdes castros e valeroso clan!'

Alberte Reboreda: “O mundo dos castros galaicos non responde a unha planificación “urbanística” previa como si será a romana”

O arqueólogo Alberte Reboreda estuda o castro de Troña, en Ponteareas, no corazón do val do río Tea, afluente pola dereita do Miño, unha zona de penetración de produtos de orixe mediterránea cara ao interior. Unha nova entrega do coleccionábel 'Confín dos verdes castros e valeroso clan!'

Vista aérea de Castrolandín. (Foto: Javier Guerreiro) #castro #castros #castrolandín #cuntis #héitorpicallo #confíndosverdescastrosevalerosoclan
star
CULTURA

Castrolandín – Cuntis: Un monumento arqueolóxico e paisaxístico

En non máis de 80 quilómetros cadrados, delimitados polas elevacións do Xesteiras, Arcos, Castro Sevil e Cádavo, esténdense as terras de Cuntis. Na vertente oriental do val fica Castrolandín (GA36015009), fortificación que se localiza nas proximidades da entidade de poboación homónima (parroquia de Santa María dos Baños de Cuntis) e a pouco máis dun quilómetro da capital municipal. Nesta, como curiosidade, ergueuse a coñecida Aquae Calidae citada por Ptolomeo e nela, por conseguinte (tal e como sinala Juan Manuel Abascal Palazón) unha importante cidade da auga. A unha altitude de 245 metros sobre o nivel do mar, Castrolandín asexa un val ateigado de testemuños arqueolóxicos de diversas épocas.
Castro de San Cibrao das Las (Foto: Laura Barcala)
CULTURA

Un audiovisual para descubrir os segredos que agochan os castros galegos

Felipe-Senén López Gómez protagoniza este documental de Nós Diario producido arredor do coleccionábel Confín dos verdes castros e valeroso clan! que trata sobre a historia e cultura dos castros da Galiza.

Heitor Picallo
'Confín dos verdes castros e valeroso clan!'

Heitor Picallo: "Así como o fume avisa do lume, a voz do pobo alerta da presenza de restos arqueolóxicos"

O investigador  dá conta de Castrolandín (Cuntis). Infórmanos dos resultados das campañas efectuadas até da data. Desde a primeira, en 2004, con Xurxo Ayán á fronte e nas seguintes (2005-2009), baixo a dirección de Carlos Otero Vilariño, até a máis recente (abril de 2021). Unha nova entrega do coleccionábel 'Confín dos verdes castros e valeroso clan!'

Castro Grande de Neixón. (Foto: Nós Diario) #neixón #boiro #castro #castros #confíndosverdescastrosevalerosoclan #castrexos
star
CULTURA

Castros de Neixón: Nos alicerces da arqueoloxía científica

Os Castros de Neixón atópanse emprazados nunha pequena península no extremo setentrional da ría de Arousa, na parroquia de San Vicenzo de Cespón, no concello de Boiro. É unha pequena lingua de terra situada fronte a Rianxo, bañada polas augas salobres atlánticas e as doces augas do río Beluso, Brea e múltiples regatos. Son dous pequenos castros costeiros coñecidos desde antigo e que foron obxecto de numerosas investigacións desde os inicios do século pasado. No ano 2011 foron declarados ben de interese cultural coa categoría de zona arqueolóxica, gozando do maior rango de protección xurídica que lle atribúe a normativa aos bens que forman parte do patrimonio cultural da Galiza.
Vítor Barbeito
'Confín dos verdes castros e valeroso clan!'

Victor Barbeito: “A situación estratéxica de Neixón faino un enclave nos que os intercambios deixaron pegada”

Os Castros de Neixón atópanse emprazados nunha pequena península no extremo setentrional da ría de Arousa, na parroquia de Cespón, no concello de Boiro. É unha pequena lingua de terra situada fronte a Rianxo. Sabemos máis deles con esta entregada asinada por Víctor Barbeito, director do Museo Arqueolóxico de Neixón e que fai parte do coleccionábel  ‘Confín dos verdes castros e valeroso clan!’.

Restos arqueolóxicos de Santa Trega. Ao fondo, A Guarda. (Foto: Nós Diario)
star
CULTURA

Santa Trega: Moito máis que un castro

No alto do monte Santa Trega, na parroquia de Santa María da Guarda (A Guarda), álzase impoñente un poboado de extraordinarias dimensións que floreceu hai máis de dous mil anos. Os vestixios sacados á luz polos arqueólogos en sucesivas campañas que se inauguraron hai máis dun século, evidencian que neste máxico lugar se esconde un dos xacementos máis importantes da Galiza actual, pero tamén un dos principais enclaves da Galiza antiga. O seu rol na historia do noroeste debeu ser crucial, mais as fontes escritas gardan silencio, mentres que, a 340 metros de altura, a terra agocha receosa os seus segredos milenarios.
CREATOR: gd-jpeg v1.0 (using IJG JPEG v62), quality = 60
'Confín dos verdes castros e valeroso clan!'

Diego Piay: “Trega podería modificar o que coñecemos sobre a incorporación do territorio da actual Galiza a Roma”

O arqueólogo e profesor da Universidade de Oviedo Diego Piay -cunha tese sobre o priscilianismo- repara en que un dos elementos máis sorprendentes do poboado da Guarda é o que poderíamos denominar a “economía da auga”. Unha nova entrega do coleccionábel ‘Confín dos verdes castros e valeroso clan!’.

Castro de Borneiro, en Cabana de Bergantiños. (Foto: Nós Diario) #arqueoloxía #galiza #historia #investigación #castro #castros #borneiro #cabanadebergantiños #confíndosverdescastrosevalerosoclan
star
CULTURA

Castro de Borneiro: O primeiro castro galego datado coa proba do Carbono 14

O castro de Borneiro, tamén coñecido como A Cidá, está situado na parroquia de San Xoán de Borneiro, concello de Cabana de Bergantiños. O castro ocupa un pequeno outeiro rodeado polo río dos Muíños que desemboca na ría de Corme e Laxe e que, en parte, serve de defensa natural ao xacemento. O poboado castrexo de Borneiro presenta unha croa de planta ovalada de 56 metros (E-O) x 104 metros (N-S) protexida por unha muralla e por un foxo. Unha segunda liña defensiva circunda o barrio de extramuros, un conxunto de construcións diferenciadas do resto da croa. Pola súa planta xeral, pola forma das súas construcións domésticas e pola disposición das súas defensas situadas de forma concéntrica, Borneiro é un claro modelo de arquitectura de Cultura Castrexa.
Ana_Romero_Masiá_ foto_Elisardojm
'Confín dos verdes castros e valeroso clan!'

Ana Romero Masiá: “Moi probabelmente existise relación entre os poboados castrexos”

A arqueóloga achéganos esta quinta feira ao castro de Borneiro, en Cabana de Bergantiños, onde destacan entre os materiais pétreos atopados, pola súa abundancia, os muíños. Unha nova entrega do coleccionábel ‘Confín dos verdes castros e valeroso clan!’.

 

Vista aérea (2008) do conxunto do museo e o castro situado en Castro de Rei. (Foto Cedida) #viladonga #castroderei #castros #castro #confíndosverdescastrosevalerosoclan
star
CULTURA

O Castro de Viladonga: Investigación arqueolóxica e patrimonio cultural

O Castro de Viladonga (Castro de Rei) é un xacemento castrexo e galaico-romano que se comezou a escavar en 1971, que achega abundante información arqueolóxica e histórica e que, co seu Museo de sitio, conforma un enclave patrimonial de notábel importancia cultural, educativa, turística e social. Situado na parroquia de Viladonga, concello de Castro de Rei (GPS: N43 9.648, W7 23.32), aséntase sobre un amplo outeiro a 500 metros de altitude, na cunca inicial do río Miño e preto da Serra de Meira, dominando gran parte da Terra Chá lucense. Coas súas murallas, fosos, croa e antecastros, constitúe un verdadeiro arquetipo formal e monumental de castro, representativo deste tipo de poboados do interior da Galiza.
Felipe Arias Varela
'Confín dos verdes castros e valeroso clan!'

Felipe Arias: “Non é bo simplificar o debate dicindo que os castrexos ou eran guerreiros ou eran agricultores”

Felipe Arias Vilas, membro fundador do Museo do Pobo Galego e ex director xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galiza, redacta o fascículo sobre o Castro de Viladonga, Castro de Rei, que se publica esta cuarta feira no marco do coleccionábel “Confín dos verdes castros e valeroso clan!”.

Castro de Baroña, en Porto do Son
CULTURA

Coñecendo o mundo castrexo

Comeza o coleccionábel de 'Nós Diario' para o mes de xuño.

Coñecer(Nos)

Reconstrucción hipotética dun castro. (Foto: Cedida) #castro #castros #confíndosverdescastrosevalerosoclan #felipesenén #coleccionábel
star
CULTURA

Internarse no espírito do "Confín dos verdes castros"

Os castros, singulares fortificacións do noroeste de Iberia, nalgún caso cunha orixe que se perde no Calcolítico (Idade do Cobre) con expansión na minaría e na metalurxia do ferro para finalmente ser romanizados, tiveron como resultado unha singular mestizaxe cultural. Asentamentos que inzan un amplo territorio que a administración romana constituíu como Gallaecia. Estudos que artellan as terras do Douro, Asturias, León e o reduto que seguimos a chamar Galiza e que abranguen o aproveitamento do medio, a estratexia, as relacións, a economía, a milicia, os artefactos, a vida, as crenzas e os ritos, mesmo a aculturación sufrida polo impacto da romanización.
Felipe-Senén, no castro de San Cibrao de Las. (Foto: Laura Barcala) #felipesenén #castros #castro #sancibraodelas #coleccionábel #confíndosverdescastrosevalerosoclan! #nósdiario #galiza
Coordinador do coleccionábel "Confín dos verdes castros e valeroso clan!"

Felipe-Senén: "Nin a celtofilia nin a celtofobia axudan: Galiza é vértice que emproa ao Atlántico"

Felipe-Senén López Gómez (O Carballiño, 1948) coordina o novo coleccionábel que lanza 'Nós Diario' esta terza feira, 1 de xuño, ao redor dos castros baixo o título "Confín dos verdes castros e valeroso clan!", tomando prestada parte da letra do himno nacional, de Eduardo Pondal. Con motivo da publicación, de 18 entregas, de terza a sexta feira, conversamos co arqueólogo e museólogo sobre os castros e a cultura castrexa.
F.1.-Castro e Museo de Vlladonga (fot.2008)
Novo coleccionábel no mes de xuño

Os enigmas dos castros galegos, ao descuberto con ‘Nós Diario’

Tomando prestada parte da letra do himno galego de Pondal, preséntase o coleccionábel “Confín dos verdes castros e valeroso clan!”. A nova publicación de Nós Diario, en 18 entregas, de terza a sexta feira do mes de xuño, permite un achegamento ao mundo dos castros da man de arqueólogos e especialistas que teñen un coñecemento de primeira man. Con datos científicos -mais nun estilo ameno e divulgativo- internámonos no mundo da cultura castrexa, con investigacións en permanente evolución e contraste sobre a orixe dun dos elementos que nos define como pobo.