Castrolandín – Cuntis: Un monumento arqueolóxico e paisaxístico

En non máis de 80 quilómetros cadrados, delimitados polas elevacións do Xesteiras, Arcos, Castro Sevil e Cádavo, esténdense as terras de Cuntis. Na vertente oriental do val fica Castrolandín (GA36015009), fortificación que se localiza nas proximidades da entidade de poboación homónima (parroquia de Santa María dos Baños de Cuntis) e a pouco máis dun quilómetro da capital municipal. Nesta, como curiosidade, ergueuse a coñecida Aquae Calidae citada por Ptolomeo e nela, por conseguinte (tal e como sinala Juan Manuel Abascal Palazón) unha importante cidade da auga. A unha altitude de 245 metros sobre o nivel do mar, Castrolandín asexa un val ateigado de testemuños arqueolóxicos de diversas épocas.
Vista aérea de Castrolandín. (Foto: Javier Guerreiro) #castro #castros #castrolandín #cuntis #héitorpicallo #confíndosverdescastrosevalerosoclan
photo_camera Vista aérea de Castrolandín. (Foto: Javier Guerreiro)
Na memoria de Olimpio Arca Caldas Regadas polos ríos Gallo e Umia, aquel afluente deste, oito parroquias configuran un municipio cuxa xeoloxía está vinculada aos granitos secundarios, ás rochas…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios