Castro de Borneiro: O primeiro castro galego datado coa proba do Carbono 14
O castro de Borneiro, tamén coñecido como A Cidá, está situado na parroquia de San Xoán de Borneiro, concello de Cabana de Bergantiños. O castro ocupa un pequeno outeiro rodeado polo río dos Muíños que desemboca na ría de Corme e Laxe e que, en parte, serve de defensa natural ao xacemento. O poboado castrexo de Borneiro presenta unha croa de planta ovalada de 56 metros (E-O) x 104 metros (N-S) protexida por unha muralla e por un foxo. Unha segunda liña defensiva circunda o barrio de extramuros, un conxunto de construcións diferenciadas do resto da croa. Pola súa planta xeral, pola forma das súas construcións domésticas e pola disposición das súas defensas situadas de forma concéntrica, Borneiro é un claro modelo de arquitectura de Cultura Castrexa.
A Cidá de Borneiro chamou cedo a atención dos arqueólogos galegos (restos visíbeis de construcións, folclore, proximidade á anta de Dombate, toponimia).
A comezos dos anos trinta…
Debes estar rexistrado para ler este contido
Se xa tes unha conta, inicia sesión
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.