Coñecendo o mundo castrexo

Comeza o coleccionábel de 'Nós Diario' para o mes de xuño.
Castro de Baroña, en Porto do Son
photo_camera Castro de Baroña (Foto: Xunta)

Após a colección do mes de maio, no xornal de hoxe publícase o primeiro fascículo de "Confín dos verdes castros e valeroso clan!" da man de Felipe-Senén López Gómez.

Este coleccionábel, coordinado por Senén, arqueólogo e museólogo, componse de 18 entregas que tratan o mundo castrexo da Galiza, "un tema ao que volver sempre, na medida das novas pescudas e da madurez da ciencia arqueolóxica e da museoloxía", sinala a Nós Diario.

Os artigos divulgativos, asinados cada un por distintas persoas investigadoras, trazan os datos básicos do poboado, os habitantes, as defensas, as construcións -murallas, foxos, casas-, así como outras pezas atopadas nas escavacións, e toda a información actualizada para valorar o patrimonio e a investigación, a través dun coñecemento ameno do que as “pedras nos din".

Castros como o de Borneiro, en Cabana de Bergantiños, o de Viladonga, en Castro de Rei ou a Cibdá de Armea, en Allariz, serán os seguintes en ser tratados por cadansúa investigadora nas próximas entregas. 

Comentarios