O Castro de Viladonga: Investigación arqueolóxica e patrimonio cultural

O Castro de Viladonga (Castro de Rei) é un xacemento castrexo e galaico-romano que se comezou a escavar en 1971, que achega abundante información arqueolóxica e histórica e que, co seu Museo de sitio, conforma un enclave patrimonial de notábel importancia cultural, educativa, turística e social. Situado na parroquia de Viladonga, concello de Castro de Rei (GPS: N43 9.648, W7 23.32), aséntase sobre un amplo outeiro a 500 metros de altitude, na cunca inicial do río Miño e preto da Serra de Meira, dominando gran parte da Terra Chá lucense. Coas súas murallas, fosos, croa e antecastros, constitúe un verdadeiro arquetipo formal e monumental de castro, representativo deste tipo de poboados do interior da Galiza.
Vista aérea (2008) do conxunto do museo e o castro situado en Castro de Rei. (Foto Cedida) #viladonga #castroderei #castros #castro #confíndosverdescastrosevalerosoclan
photo_camera Vista aérea (2008) do conxunto do museo e o castro situado en Castro de Rei. (Foto: Cedida)
Despois das primeiras escavacións, feitas entre 1971 e 1977 por Chamoso Lamas, e das realizadas por nós mesmos desde 1982 até 2002 e logo proxectadas polo Museo pero executadas por varias empresas,…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios