Centenario do Celta

Algúns dos capitáns que máis pegada deixaron no Real Club Celta.
Centenario do Celta

De Manolo a Hugo Mallo: un repaso pola capitanía do Celta

O 'gran capitán' Manolo, Vicente, Mallo, Maté, Mostovoi, Oubiña, Herminio, desde este verán Aspas... E ti, en que pensas cando se fala de capitáns no Celta?
DEPORTES

ENQUISA | Quen foi o mellor capitán do Celta?

O 'gran capitán' Manolo, Vicente, Herminio, Maté, Mostovoi, Oubiña, Mallo, desde este verán Aspas... E ti, en quen pensas cando se fala do capitán do Celta? Vota na nosa enquisa!
DEPORTES

ENQUISA | Cal foi a mellor camiseta do Celta?

Con colo ou sen el. A dúas cores, tres ou máis. Con tonalidades de azul celeste máis claras ou escuras ou atrevéndose con cores como granate, gris ou rosa. Pero sempre, como non podía ser doutra forma, co escudo dos dous 'C' de 'Club Celta' no peito e mais, desde mediados do pasado século, coa cruz de Santiago. Cen anos dan para vestir moitos deseños diferentes, e así o fixo o Real Club Celta, que con máis ou menos acerto a ollos da bancada luciu decenas de camisetas dos máis variados estilos. Aquí facemos unha pequena escolma das máis icónicas, se ben posibelmente, como se soe dicir, nin son todas as que están, nin están todas as que son.

E ti, que opinas? Cal é a mellor camiseta do Celta ou a que evoca as mellores lembranzas para ti?Vota na nosa enquisa!

Copia de QUINOCHO
Centenario do Celta

A raias ou con rombos; gris, vermella ou granate, mais sempre celeste: as camisetas máis icónicas do Celta

Hoxe en 'Nós Diario' facemos unha pequena escolma das camisetas que o Real Club Celta vestiu, como local e visitante, ao longo dos seus cen anos de historia, e damos a palabra ao celtismo para que decida cal é a mellor de todas.
Centenario do Celta

ENQUISA | Cal é o mellor himno ou canción do Celta?

A Oliveira dos cen anos que C. Tangana compuxo para conmemorar o centenario do Celta copa todos os titulares. Porén, non é nin moito menos a única canción que rende homenaxe ao clube vigués: antes del deixaron pegada en Balaídos grupos como Keltoi! ou A Roda, e son numerosos e moi variados os artistas que quixeron dedicar uns versos ao Real Club Celta.

Para ti, cal é a mellor canción ou himno do celtismo? Vota na nosa enquisa de hoxe!

Algunhas das cancións máis emblemáticas para a parroquia celeste xunto a imaxes da bancada de Balaídos, C. Tangana, A Roda e Keltoi.
Centenario do Celta

Da Roda a C. Tangana pasando por Keltoi: as cancións que mellor homenaxean o Celta

Multitude de artistas de moi variados estilos musicais quixeron dedicar uns versos a un clube de fútbol que o vindeiro 23 de agosto será centenario. Aquí repasamos os mellores temas, que para moitas e moitos tornaron en himnos que corear en Balaídos, e pedimos a opinión do celtismo.
Evolución do escudo do Real Club Celta.
Centenario do Celta

Así evolucionou o escudo do Celta ao longo de 100 anos... Cal é o mellor?

Coa cruz de Santiago e sen ela. Coa coroa e sen ela. Vermello, azul mariño e azul celeste. Cal é o que máis representa o Real Club Celta de Vigo?
Iago Aspas, coa camiseta do centenario. (Foto: RC Celta)
DEPORTES

23 días para o 23 de agosto: as lectoras e lectores de 'Nós Diario' toman a palabra no centenario do Celta

Nós Diario únese á celebración docentenario do Real Club Celta de Vigo,e faino dándolle a palabra no soporte dixital ás seareiras e seareiros celestes.
DEPORTES

ENQUISA | Cal foi o mellor escudo da historia do Real Club Celta?

Vermello, azul mariño, azul celeste, con coroa, sen ela, coa cruz... O escudo do Celta experimentou numerosas mudanzas ao longo dos seus 100 anos de historia, tal e como se pode observar na imaxe. De feito, hai documentación gráfica que evidencia que durante algún tempo os futbolistas celestes chegaron a portar como escudo unicamente a cruz de Santiago, sen os característicos 'C' de 'Club Celta' e o seu escudo.

E ti, con cal de todas as versións quedas? Cal é o escudo máis fermoso ou que mellor representa o Celta para ti? Vota na nosa enquisa!

Hugo Sotelo e Fran Beltrán cortando o paso a Cristiano Ronaldo no partido ante o Al Nassr. (Foto: Joaquín Corchero / AFP7 via Europa Press)
Fútbol

O Celta de Benítez estréase en Balaídos con deberes aínda pendentes no mercado

O Olympique de Lyon, un rival de moito nivel no Memorial Quinocho.
Carlos Dotor.
DEPORTES

O Celta reforza o centro do campo con Carlos Dotor

Procede do Castilla e asina até 2028.
O Celta enfróntase ao Al Nassr.
Agora

O Celta de Benítez bota a andar contra o Al Nassr de Ronaldo

Exame de alto nivel para comezar unha tempada histórica. O Celta do ano do centenario comeza a pretempada contra o Al Nassr de Cristiano Ronaldo, no marco do Troféu do Algarve. Rafa Benítez forma de inicio co 4-4-2 habitual con Iván Villar na portaría; Kevin e Fontán nos laterais, acompañados no centro da defensa por Carlos e Aidoo; Fran Beltrán e o canteirán Hugo Sotelo no centro do campo; De la Torre e Carles Pérez nas bandas, e, na punta de ataque, Iago Aspas e Paciência. Estes primeiros tests ante Al Nassr e Benfica servirán ao técnico madrileño para facer unha primeira criba de xogadores de cara ao curso entrante.
O presidente do clube vigués, Carlos Mouriño. (Foto: RC Celta)
Fútbol

Resistencia Celtista, o colectivo que aspira a depor o presidente Mouriño

Un grupo de seareiros e seareiras, cuxa identidade aínda non transcendeu, carga duramente contra a xestión do mandatario máis lonxevo do Real Club Celta, quen cren que "é e será un perigo" para a entidade. Avanzan tamén a súa "firme intención" de mercar as accións precisas para tomar o control dun clube que en pouco máis dun mes será centenario.
Iago Aspas adestrando estes días (Foto: RC Celta).
DEPORTES

Rafa Benitez priorizará no Celta a canteira ás fichaxes

Rolda de prensa do coordinador deportivo do Celta, Juan Carlos Calero. Santi Mina, por outro lado, non participa de todo o adestramento na Cidade Deportiva Afouteza.  
Bancada de animación en Balaídos (Foto: RC Celta).
DEPORTES

O Celta e o Dépor abren as súas campañas de abonados

O centenario marca a tempada do club celeste tamén na campaña de abonos. O Dépor, pola súa parte, amplia en cinco anos máis a franxa de idade de abonos bonificados.

Gramsci approves

Os dous capitáns do Celta, Iago Aspas e Kevin Vázquez, entregaron ao Papa Francisco unha camiseta asinada por todos os xogadores. (Foto: Vatican Media)
Agora

O Papa Francisco recibe o Celta no Vaticano polo seu centenario

O Real Club Celta foi recibido esta segunda feira polo Papa Francisco I na Cidade do Vaticano, nunha "emotiva" audiencia privada, con motivo do centenario do clube vigués, na que o máximo representante da Igrexa católica destacou os valores do deporte. "Éme grato recibilos nesta celebración do primeiro centenario. Moitas veces repetín que o deporte é motivo e ocasión para redescubrir e fomentar moitos valores da nosa sociedade", dixo. Os dous capitáns do Celta, Iago Aspas e Kevin Vázquez, entregaron ao Papa Francisco unha camiseta asinada por todos os xogadores, así como un emblema co escudo e un olivo, símbolo de Vigo e do himno do centenario.
Tamara Costas Caamaño é unha das integrantes das Lagharteiras de Mos. (Foto: Captura do videoclip 'Oliveira dos cen anos')
Novo himno do Celta

As Lagharteiras: "Demostramos que con pandeiretas pode facerse música marabillosa e con sons fortes para un estadio"

A 'Oliveira dos cen anos' forma xa parte indisolúbel da historia do Real Club Celta e neste himno xogan un papel protagonista as voces e as pandeiretas das Lagharteiras. Conversamos cunha das súas integrantes Tamara Costas Caamaño, sobre a súa participación na peza coordinada por Antón Álvarez 'C. Tangana' e o que supuxo para elas esta experiencia.
A bandeira galega acompañará o escudo. (Foto: RC Celta)
DEPORTES

Chiscadelas ao pasado na camiseta do centenario do Celta

Unha cor celeste intensa predomina nunha camiseta na que a bandeira galega acompaña o escudo.
DEPORTES

ENQUISA | Que opinas do novo himno do Celta?

A Oliveira dos cen anos torna oficialmente no novo himno do Real Club Celta. Ten autoría colectiva, pois a C. Tangana sumáronse nos últimos meses, nun longo proceso de pre e pos produción, o catalán Cristian Quirante Catalán 'Alizzz' e os galegos Xosé Lois Romero, Xisco Feijóo, Quico Comesaña e Simeón Cantó Gavira 'Sime', este último un vello coñecido da parroquia celeste por ser o vocalista de Keltoi!. E na peza aprécianse as voces e as pandeiretas das Lagharteiras Lilaina, a pegada da emblemática Coral Casablanca e a presenza tamén dos músicos Pablo Drexler e Alizzz.

E ti, que opinas? Gostaches do himno do centenario?