O Papa Francisco recibe o Celta no Vaticano polo seu centenario

O Real Club Celta foi recibido esta segunda feira polo Papa Francisco I na Cidade do Vaticano, nunha "emotiva" audiencia privada, con motivo do centenario do clube vigués, na que o máximo representante da Igrexa católica destacou os valores do deporte. "Éme grato recibilos nesta celebración do primeiro centenario. Moitas veces repetín que o deporte é motivo e ocasión para redescubrir e fomentar moitos valores da nosa sociedade", dixo. Os dous capitáns do Celta, Iago Aspas e Kevin Vázquez, entregaron ao Papa Francisco unha camiseta asinada por todos os xogadores, así como un emblema co escudo e un olivo, símbolo de Vigo e do himno do centenario.
Os dous capitáns do Celta, Iago Aspas e Kevin Vázquez, entregaron ao Papa Francisco unha camiseta asinada por todos os xogadores. (Foto: Vatican Media)
photo_camera Os dous capitáns do Celta, Iago Aspas e Kevin Vázquez, entregaron ao Papa Francisco unha camiseta asinada por todos os xogadores. (Foto: Vatican Media)
Comentarios