Agora
Jorge Mira, Paula Cabaleiro e Teresa Nieto entran no plenario doConsello da Cultura Galega
03/maio/24
Na sesión plenaria celebrada esta quinta feira procedeuse á renovación dos seus membros na quenda de electivos, é dicir, persoas destacadas nos diversos campos da cultura. Incorpóranse Paula Cabaleiro (Cangas do Morrazo, 1986), Jorge Mira (Baio, 1968) e Teresa Nieto e recunca no cargo Xavier Queipo (Santiago, 1957). Foi o primeiro pleno ao que asistiu José López Campos, conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude que recibiu a insignia da institución.Cesaron no posto, por cumprir o máximo tempo permitido (8 anos) Ángel Carracedo, Rebeca Blanco-Rotea e Carmen García Mateo.
LINGUA
O Concerto das Letras Galegas evoca a faceta musical de Luísa Villalta
25/abr./24
Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004) foi, ademais dunha grande escritora, unha recoñecida violinista. Por iso, no programa desta edición do Concerto das Letras Galegas teñen unha presenza moi destacada os violíns e os compositores favoritos da homenaxeada este 17 de maio. A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez; o concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro Pardo; a irmá de Luísa, Susana Villalta, e o director do Grupo Instrumental Siglo XX, Florian Vlashi, presentaron esta quinta feira o programa da décimo cuarta edición que busca, en palabras da presidenta, “unir literatura e música, dous fíos que están na propia biografía e actividade cultural de Luísa”.
CULTURA
As chaves do Barómetro de 2024: a cultura galega instálase na rutina e desacelera a súa marcha
22/mar./24
Lixeiro descenso a respecto de 2023, diminución dos esforzos na dixitalización e na exportación de produtos culturais, acción insuficiente das administracións... O Barómetro da Cultura Galega 2024, presentado esta sexta feira en rolda de prensa, apunta a un escenario de rutina e desánimo entre as empresas, entidades e profesionais da cultura do país.
CULTURA
Unha obra analiza o traballo "oceánico" de Martín Sarmiento
08/mar./24
A obra é parte das iniciativas de dixitalización, posta en valor e difusión do traballo de Martín Sarmiento que se agrupan dentro do Proxecto Sarmiento, o programa do CCG para a recuperación desta figura.
CULTURA
O CCG documenta os inicios do teatro profesional galego nunha serie
24/feb./24
Entrevistouse a 28 figuras, entre actores, dramaturgos, escenógrafos, activistas teatrais ou xestores culturais que dan conta dos procesos de formación de grupos, dos debates e dos fitos dos primeiros anos do teatro galego contemporáneo.
CULTURA
O CCG deposita obras de Rosalía de Castro na nova biblioteca que leva o seu nome no Brasil
21/feb./24
Rosario Álvarez salienta que Galiza está "unida polo mar" e "pola lingua galega e a lingua portuguesa, nacidas ambas as dúas do mesmo touro medieval común".
CULTURA
A arquitectura indiana, un patrimonio a protexer: que a caracteriza?
22/xan./24
A institución publica un 'Informe sobre a arquitectura indiana en Galicia: propostas para a súa definición e protección patrimonial' para reforzar a súa protección xurídica.
CULTURA
Unha serie audiovisual mostra oito experiencias singulares da danza contemporánea
04/dec./23
O que pode a danza é o novo produto audiovisual co que o Consello da Cultura Galega (CCG) se achega ao sector das artes do movemento.
CULTURA
O Consello da Cultura Galega recupera dous textos centrais de Lois Tobío
22/nov./23
Lembranza do Seminario de Estudos Galegos é a nova publicación do Consello da Cultura Galega (CCG) que rescata do fondo de Lois Tobío dous textos que dan conta de acontecementos importantes para a historia do país, como o nacemento do Seminario e as circunstancias da redacción do Estatuto de Galiza polo ano 1931.
CULTURA
Radiografía ao sector audiovisual galego: 1,5 millóns de espectadores en cinemas comerciais para as longametraxes estreadas en galego
15/nov./23
Un informe do Consello da Cultura constata o "bo momento" na Galiza, onde se atopa nun "ciclo expansivo"
DEPORTES
As súas "fillas" homenaxean Marta Bobo, a pioneira olímpica galega
26/out./23
O Consello da Cultura revisitou a figura da ximnasta.
DEPORTES
Marta Bobo, a primeira galega nos Xogos Olímpicos
24/out./23
O Consello da Cultura Galega homenaxeará a ximnasta de Ourense o 26 de outubro.
LINGUA
Falas en galego cos compañeiros de traballo? E coa clientela? O seu uso caeu até 17% en 15 anos
17/out./23
O investigador da USC Miguel Guisantes presenta un amplo estudo que analiza o descenso do uso da lingua propia do país no ámbito laboral.
CULTURA
Unha andaina celebra os 100 anos do Seminario de Estudos Galegos
12/out./23
Ortoño, en Ames, acolleu unha homenaxe floral polo centenario do SEG
LINGUA
O galego achega 1.440 millóns de euros á economía da Galiza
06/out./23
Por primeira vez un informe do Consello da Cultura Galega (CCG) repara no valor económico do galego. Trátase dun documento pioneiro que detalla a contribución da lingua ao conxunto da economía da Galiza. O impacto directo das actividades vinculadas ao galego ascende a 1.440 millóns de euros de valor engadido bruto e supón 27.702 postos de traballo equivalentes a tempo completo.
CULTURA
As editoras celebran 40 anos e reflexionan sobre os retos do sector, da internacionalización á dixitalización
27/set./23
Compostela acolleu esta cuarta feira o XX simposio 'O libro e a lectura'.
CULTURA
O legado de Rosalía de Castro perdurará nunha 'cápsula do tempo'
25/set./23
O Consello da Cultura Galega, da man da súa presidenta, Rosario Álvarez, deposita as obras da autora galega máis universal na Caixa das Letras do Instituto Cervantes de Madrid.
SOCIAL
Saúde e diversidade corporal reivindícanse fronte á gordofobia e a violencia estética
22/set./23
O Consello da Cultura Galega acolleu esta sexta feira unha xornada de reflexión e debate.