viño

Viñas en emparrado na beira do mar. (Foto: Arquivo Vide Vide)
star
SOCIAL

A nación dos mil viños: Queres Rías Baixas ou albariño?

Os solos, o clima, as variedades de uva e a intervención humana na viña e na adega son os principais factores que condicionan o gusto do viño. Avanzando no coñecemento destes factores e a súa influencia na cata, pode aparecernos unha dúbida: pesa máis a zona ou a variedade? E tamén unha confusión común entre variedades e zonas: existe a uva Ribeiro? Ao longo desta iniciación poñeremos o foco tamén nas zonas xeográficas de produción e nas variedades de uva para manexarnos mellor.
Un home cun alambique, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Vide Vide)
star
SOCIAL

A nación dos mil viños: Fresca e delicada atlanticidade

O clima condiciona dunha forma determinante cada viño e o seu resultado na copa, na cata. O carácter atlántico de Galiza moldea a personalidade dos nosos viños. A variedade interior de mesoclimas no noso territorio provoca grandes diferenzas entre os viños dunhas comarcas e doutras. Ademais, cada viña non ten exactamente a mesma climatoloxía dun ano a outro. O factor climático será decisivo na proba do viño, na súa fase final, e comprendelo pódenos axudar a identificar a orixe ou a facer unha elección.

martiño e gontá
Sumilleres e responsábeis de Vide, Vide!

Martiño Santos e Xosé Gontá: "O obxectivo que nos marcamos foi divulgar o mundo dos viños galegos"

Os sumilleres Martiño Santos e Xosé Gontá son os autores do coleccionábel 'A nación dos mil viños' que este xornal publicará de terzas a sextas feiras desde o 4 de xaneiro. Nós Diario conversa con eles para coñecer como se introduciron no mundo do viño e que atoparán as lectoras e os lectores  nas 16 entregas.
vide vide boa
SOCIAL

'Nós Diario' leva ás casas os segredos dos viños galegos

O vindeiro 4 de xaneiro con Nós Diario iniciará a súa andaina un novo coleccionábel, desta vez dedicado ao mundo dos viños galegos. Con textos dos sumilleres Martiño Santos e Xosé Gontá, 'A nación dos mil viños' chegará acompañando ao xornal das terzas até as sextas feiras nun total de 16 entregas.  
A viña de Souto do Cabo, en Rubiá, ten 2,5 hectáreas de Godello. (Foto: Texto e fotos : Xan-Bautista / Xosé Lois García Pando).
star
Caderno 'Gozar'

A adega que naceu co século... e o milenio

Adega O Casal, un proxecto de colaboración na busca do futuro, para non perder o pasado
 
A recomendación de viños desta semana. (Foto: Vide, vide!)
star
Viños

Burbullas galegas de calidade

Vide, vide! propón acompañar o menú da fin de semana con dous caldos galegos procedentes de Vilanova de Arousa e a Denominación de Orixe Valdeorras.
Os viñedos están situados na parte baixa do val de Camanzo (Vila de Cruces).
star
Caderno 'Gozar'

De viños para ficarmos sen palabras

En 1982 foi creada polos avós (José Castro Brey e Isabel Pereiro Becerra), actualmente á fronte está a terceira xeración. Adegas Castrobrey é unha adega familiar que desde o ano 2000 está dentro da Denominación de Orixe (DO) Rías Baixas, na subzona do Ulla (unha adega diferente, xa que é a más interior dentro da DO). Está situada a uns 25 km de Santiago de Compostela. Adegas Castrobrey nestes momentos cultiva 8,9 hectáreas, aproximadamente catro con cepas de máis de 50 anos de idade. As variedades son autóctonas: Albariño, Treixadura, Godello e Caíño tinto.
Martiño Santos e Xosé Gontá (Imaxe: Nós Diario)
Caderno 'Gozar'

Viños: Rara Besta axexa

Vai para máis de catro anos que os impulsores do espazo enocultural Vide Vide en Santiago animámonos a lanzar unha marca propia de viños: Rara Besta. Foi a evolución lóxica dunha colaboración con distintos viticultores desde a aparición deste proxecto de divulgación e comercialización de viños galegos de pequenas producións e calidade diferenciada, aló polo 2013. No ánimo estivo favorecer comercialmente a creación de novos viños de pequenas viñas ou variedades de uva minoritarias.
Recollida da uva nunha adega da Ribeira Sacra (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

Galiza fecha unha das mellores colleitas da súa historia

As cinco denominacións de orixe galegas prevén rematar esta semana unha vendima histórica, con preto de 73 quilos de uva recollidos.
Entrada da Adega Entreosrios, en Lesón, na Pobra do Caramiñal. (Foto: Xan-Bautista Cambón)
star
SOCIAL

Adega Entreosrios: Viños con personalidade

Da tradición á busca de novas experiencias.
vvv
star
Viños

Pioneiros e viños de finca

Analizamos dous caldos galegos: un de Betanzos e outro da Ribeira Sacra.

Un vendimador corta acios de uvas no viñedo da adega Algueira da DO Ribeira Sacra.(Carlos Castro / Europa Press)
ECONOMÍA

Desconfianza perante a estratexia da Xunta para as zonas vitivinícolas

Medio Rural, xunto coa Secretaría Xeral de Turismo, presentaron a estratexia de dinamización para as zonas vitivinícolas a realizar entre 2021 e 2026. Entre as máis chamativas está a creación da marca 'Viños da Galiza' e aumentar a superficie de viñedos. Organizacións agrarias como o Sindicato Labrego galego e a asociación Galega de Viticultura (AGV) fan unha primeira valoración para 'Nós Diario'.  
 Noelia Bebelia
Cofundador de Noelia Bebelia

Simón Barcia: "As adegas galegas deben respectar a idiosincrasia da Galiza para crecer e darse a coñecer"

Simón e Noelia son dous viticultores do Concello de Soutomaior e fundadores da adega Noelia Bebelia. Acaban de gañar o Acio de Ouro á Denominación de Orixe Rías Baixas polo seu viño branco. Para eles, o obxectivo era “deseñar a plantación perfecta que exaltase as características da subzona de Soutomaior”. Os seus viños son xa moi recoñecidos en grandes mercados de Madrid e Barcelona, e compiten con  outros albariños galegos por ser o mellor viño.

Julio Mourelle, á dereita, nun evento de Finca Míllara. (Foto: Nós Diario) #viño #adega #juliomourelle #enólogo #fincamíllara
Julio Mourelle é enólogo da Finca Míllara

Julio Mourelle: "Os viños galegos deben ser fieis a si mesmos se queren un espazo internacional"

O viño galego é un dos produtos do país con máis renome internacional. Algunhas adegas, como a Finca Míllara, contan con profesionais recoñecidos do sector. É o caso de Julio Mourelle, quen se sumou á adega hai un par de meses. Mourelle é licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, e conta con 25 anos de experiencia como enólogo  en bodegas como Pagos de Marqués de Griñón ou Sterling Vinyards, con localización no Estado de California (EUA).  
Roberto Rivas, presidente da AGV (Nós Diario)
ECONOMÍA

Roberto Rivas: "Volveremos ficar fóra da liña de axudas da PAC"

A Asemblea Xeral da Asociación Galega de Viticultura (AGV) escolleu este ano a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro, en Ribadavia, para reunirse e tratar sobre o presente e o futuro deste sector. Nós Diario fala co seu presidente, Roberto Rivas, para afondar nos debates actuais que lles preocupan.
Botellas dos viños 'Nesta Ourela' e 'A Costiña'. (Foto: Vide Vide)
star
Viños

Brancellao e branco lexítimo man a man

Analizamos dous caldos galegos: un de uvas cultivadas en Negueira de Muñiz e outro da comarca de Valdeorras.
A enxeñeira agrícola María Balbina Álvarez coas vides do seu pai en Quiroga (Nós Diario).
SOCIAL

María Balbina Álvarez: "Hai de todo, mais ás veces os que non saben nada de viñas son os que mellor as coidan"

María Balbina Álvarez leva oito anos dedicándose a asesorar como sacar o mellor rendemento ás viñas en Quiroga e a súa comarca. O inicio da pandemia coincidiu coa súa entrada na confraría do Viño e pasou a ser a primeira muller na súa historia. Desde esta entidade vixían e controlan a procedencia dos caldos que participan na feira, que este ano terá lugar os días 24 e 25 de xullo.   
Roberto Regal (Imaxe: Nós Diario)
star
SOCIAL

Roberto Regal: "Enonatur nace para facer na Ribeira Sacra viños de calidade"

Roberto Regal (Chantada, 1978) elabora viño de alta calidade e é o director de Enonatur, unha consultoría en plena Ribeira Sacra que naceu en 2008 con tres obxectivos prioritarios: coidar e preservar o medio, fomentar a economía local e impulsar a produción de viños de calidade, pondo a viticultura galega e o país no mapa mundial dos viños e do amor pola terra.
Viñedos dentro da denominación Ribeira Sacra (Foto: Xunta da Galiza).
ECONOMÍA

O sector vitivinícola galego reclama atención da Xunta polo seu carácter estratéxico

Galiza ten no viño e na viticultura un patrimonio cultural e económico do que poucos territorios poden presumir. Porén, a Asociación Galega de Viticultura considera que a Xunta non está a darlle a importancia que merece como sector estratéxico que é. Nesa liña, aposta por empregar os fondos europeos para modernizalo.
Anaco da ánfora romana atopada en Cortegada. (Foto: Consellaría de Medio Ambiente)
MEMORIA E HISTORIA

Aparece na Galiza a primeira ánfora romana fabricada en África, que empregaban para levar viño

Malia que a peza fora recuperada hai moitos anos por un veciño de Carril, o certo é que a mantivo no seu poder até 2014 e non foi até agora cando a colaboración da Universidade de Vigo permitiu identificar o utensilio “con precisión”.