viño

Botellas dos viños 'Nesta Ourela' e 'A Costiña'. (Foto: Vide Vide)
star
Viños

Brancellao e branco lexítimo man a man

Analizamos dous caldos galegos: un de uvas cultivadas en Negueira de Muñiz e outro da comarca de Valdeorras.
A enxeñeira agrícola María Balbina Álvarez coas vides do seu pai en Quiroga (Nós Diario).
SOCIAL

María Balbina Álvarez: "Hai de todo, mais ás veces os que non saben nada de viñas son os que mellor as coidan"

María Balbina Álvarez leva oito anos dedicándose a asesorar como sacar o mellor rendemento ás viñas en Quiroga e a súa comarca. O inicio da pandemia coincidiu coa súa entrada na confraría do Viño e pasou a ser a primeira muller na súa historia. Desde esta entidade vixían e controlan a procedencia dos caldos que participan na feira, que este ano terá lugar os días 24 e 25 de xullo.   
Roberto Regal (Imaxe: Nós Diario)
star
SOCIAL

Roberto Regal: "Enonatur nace para facer na Ribeira Sacra viños de calidade"

Roberto Regal (Chantada, 1978) elabora viño de alta calidade e é o director de Enonatur, unha consultoría en plena Ribeira Sacra que naceu en 2008 con tres obxectivos prioritarios: coidar e preservar o medio, fomentar a economía local e impulsar a produción de viños de calidade, pondo a viticultura galega e o país no mapa mundial dos viños e do amor pola terra.
Viñedos dentro da denominación Ribeira Sacra (Foto: Xunta da Galiza).
ECONOMÍA

O sector vitivinícola galego reclama atención da Xunta polo seu carácter estratéxico

Galiza ten no viño e na viticultura un patrimonio cultural e económico do que poucos territorios poden presumir. Porén, a Asociación Galega de Viticultura considera que a Xunta non está a darlle a importancia que merece como sector estratéxico que é. Nesa liña, aposta por empregar os fondos europeos para modernizalo.
Anaco da ánfora romana atopada en Cortegada. (Foto: Consellaría de Medio Ambiente)
MEMORIA E HISTORIA

Aparece na Galiza a primeira ánfora romana fabricada en África, que empregaban para levar viño

Malia que a peza fora recuperada hai moitos anos por un veciño de Carril, o certo é que a mantivo no seu poder até 2014 e non foi até agora cando a colaboración da Universidade de Vigo permitiu identificar o utensilio “con precisión”.

Vendima na Ribeira Sacra, o pasado mes de agosto (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

As cinco denominacións de orixe suman forzas para dar pulo ao sector

A Asemblea Xeral do Viño do Sindicato Labrego Galego acorda crear un grupo de traballo para dinamizar un sector no que as axudas da Xunta son acaparadas por 15 grandes adegas.
xico de mandin-min (1)
star
SOCIAL

Xico de Mandín, o Couto Mixto

O viño que afunde as raíces na tradición do coidado das cepas e da elaboración.
 
2021040913321780861-min (5)
SOCIAL

Os sabores da cociña vasca e a contorna natural da unión do Miño e o Sil nos Peares, no suplemento 'Gozar'

O novo número do caderno Gozar, que atoparás este sábado 10 de abril nos quiosques xunto con Nós Diario, ofrece unha viaxe gorentosa polas sobremesas saudábeis de Media Laranxa mais por algúns dos pratos tradicionais da cociña vasca. A estes sabores únense os do viños de Xico de Mandín, da Denominación de Orixe Monterrei baixo o nome de Couto Mixto. E para alixeirar, un paseo á beira do río Miño até o punto no que o Sil sae ao seu encontro, nos Peares.

 

Unha mostra dos viños da adega (Imaxe: Nós Diario).
star
SOCIAL

Viños: a recuperación dun oficio a piques de desaparecer no Barbanza

Gostas dos viños? Convidámoste a percorrer connosco as Bodegas Calidade Antonio Saborido López para coñecer O Raposo de Xirpín, O Xirpín, O albariño de Xirpín, Orballo rosado, Fasquía, Miúdo e Orballo mencía.
Imaxe dunha das reportaxes do caderno 'Gozar'. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O 'Gozar' fornece unha saborosa inmersión no Entroido galego

Tamén atoparás as mellores propostas de viños e mesmo os segredos que agocha un novo espazo natural da Galiza. Poder facerte co suplemento de ocio co Nós Diario que estará mañá a venda nos quiosques, librarías e na nosa tenda en liña.
adega panchin
star
Suplemento Gozar

O recoñecemento da vitivinicultura das ribeiras do río Navia, como zona protexida, dá os primeiros pasos.

De viños polas terras do Navia.
Unha das reportaxes do caderno 'Gozar. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Gozar do Nadal en 10 pratos

En Cociña do País, o autor convida ás e aos lectores a gozar das súas propostas para estas festas. Atoparás esta reportaxe ao completo e moitos máis contidos de interese no caderno 'Gozar' que sae publicado mañá xunto co Nós Diario.
Un vendimador (Foto: Brais Lorenzo).
star
Reportaxes

Unha viaxe ao canón do Sil

Malia as medidas do coronavirus, a vendima heroica continúa en pé na Ribeira Sacra, un dos segredos mellor gardados do noso país que, a pesar das dificultades económicas, continúa a crer na preservación da súa tradición milenaria
A devesa do Cervo na primavera.  (Foto: Colectivo Xea).
star
Reportaxes

Facer país nunha botella: o camiño do Ribeiro na internacionalización da Galiza

Baixo o paraugas da marca Camiño do Viño Ribeiro, este produto amosa á Galiza e ao mundo unha historia entretecida a base de rutas, camiños, paisaxes, lugares de arquitectura simbólica, hospedaxes e adegas vital para a nosa historia comercial. Un viño, o Ribeiro, coa denominación de orixe máis antiga do país e unha das máis veteranas de toda a Península, cuxa historia chega até Inglaterra ou América da man de Colón. Falar desta bebida, expoñen viticultoras, adegueiras e expertas, é ir máis aló da mera cata e procurar unha experiencia ao ar libre en tempos onde o enoturismo, en alza, procura solucións para as súas visitantes na época da Covid-19.
image0
Forma parte da Adega D'Fran e é o responsábel do viño Essencia Romana

Daniel Díaz: "O que se consegue co viño mergullado é unha madurez equivalente a dous anos en barrica"

A Adega D'Fran experimentou no último ano cunha das súas tres marcas de viño, Essencia Romana, mergullándoo no río Sil, para ver en que maneira afectaba iso á maduración e ao sabor, percibindo unha clara melloría.
gozar
SOCIAL

O caderno Gozar ofréceche as viaxes máis doces

O suplemento, que atoparás nos quiosques ou na nosa loxa online este sábado acompañando ao teu Nós Diario de sempre, inclúe visitas á Mariña, Caldas e Bueu. Ademais dá boas propostas para o padal.
Valdeorras
ECONOMÍA

Máis de 3.000 xornaleiras da vendima en Galiza serán sometidas ás probas da Covid-19

O primeiro Consello Regulador en actuar foi o de Valdeorras e esta terza feira empezan os exames de prevención nos hospitais de Ourense e Verín, por ser de referencia para as zonas de recollida do Ribeiro e Monterrei. Nos próximos días sumarase a este proceso de control a Ribeira Sacra. Agárdase analizar "entre 3.000 e 4.000" persoas temporeiras
Vides na Ribeira Sacra
ECONOMÍA

As denominacións de orixe galegas prevén superar os 64 millóns de quilos de 2019

A vendima, marcada polas novas medidas anti Covid-19, podería rematar con preto de 65 millóns de quilos de uva recollida
Stand de promoción da DO Rías Baixas (DO Rías Baixas)
ECONOMÍA

Malestar no viño galego polos aranceis

Os aranceis que impuxo Donald Trump a produtos europeos como o viño están a prexudicar ao sector na Galiza. A medida temporal imposta en outubro continuará a partir de setembro se non se reverte unha vez coñecida a sentenza da Organización Mundial do Comercio sobre as axudas a Airbus. 
Amparo Montenegro, enoturismo Galicia (Enoturismo Galicia).
ECONOMÍA

Amparo Montenegro, turismo enolóxico: "Nas adegas non crían que a xente pagaría por vir visitalas e logo foi todo un éxito"