Iñigo Urkullu

O lehendakari pide o estado de alarma para preservar a saúde.
INTERNACIONAL

Urkullu pide a alarma en todo o Estado e que en Euskadi o mando estea na Lehendakaritza

Iñigo Urkullu solicitou ao presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, a declaración do estado de alarma en todo o Estado español e deixar en Euskadi o mando na Lehendakaritza. Para Urkullu non queda outra opción para poder aprobar novas restricións nos vindeiros días. 

O presidente de Euskadi, Iñigo Urkullu, anunciou en rolda de prensa a cita electoral (imaxe: Mikel Arrazola)
INTERNACIONAL

Urkullu non descarta ter que volver a suspender as urnas

O lehendakeri vasco Iñigo Urkullu convocou as eleccións para o próximo domingo 12 de xullo. Defende que a data que máis garantías ofrece pero recoñeceu que cabe a posibilidade de volver suspendelas. A maioría da oposición critica que o PNV priorice o confronto electoral á loita contra o coronavirus. 
Urkullu debate hoxe cos partidos pór os comicios en xullo.
POLÍTICA

Urkullu convoca consello extraordinario e todo aponta a que anunciará eleccións para o 12 de xullo

As eleccións galegas e vascas coinciden na data desde 2009. Núñez Feixoo xa sinalou que optaba porque os comicios tamén coincidisen nesta ocasión. 
Urkullu-Feijoo-
POLÍTICA

Urkullu abre a porta a que Feixoo poida convocar eleccións

O PNV logrou o compromiso do Goberno español, a cambio de apoiar a prórroga do estado de alarma, para poder convocar comicios aínda que estea vixente esa situación excepcional.

Urkullu
INTERNACIONAL

Urkullu non logra consenso sobre o calendario electoral

O lehendakari presenta dous plans para realizar as eleccións. 
Urkullu debate hoxe cos partidos pór os comicios en xullo.
INTERNACIONAL

Urkullu pide levantar o estado de alarma contra a recentralización

Os partidos vascos debaten esta quinta feira 30 de abril se Euskadi vai ás urnas en xullo.
As eleccións galegas estaban previstas para o 5 de abril (Imaxe: Polaris / Contacto)
POLÍTICA

As eleccións galegas, no horizonte próximo

Que o lehendakari Urkullu estude realizar as eleccións vascas en xullo fai prever un "desconfinamento"  das urnas galegas antes do verán, a teor dos antecedentes, xa que Núñez Feixoo seguiu nas últimas convocatorias o calendario vasco. Con todo, Feixoo evitou pór data e sinalou que a prioridade é a loita contra o virus.
O lehendakari Iñigo Urkullu (Imaxe Europa Press)
INTERNACIONAL

Urkullu baralla convocar eleccións en Euskadi para xullo

O lehendakari, Iñigo Urkullu, estuda convocar as eleccións vascas para o próximo mes xullo, cando se prevé que o risco de contaxio polo coronavirus estea nas súas taxas máis baixas. Nas últimas convocatorias, Feixoo optara por facr coincir os comicios galegos cos vascos. E agora?
O actual presidente vasco, Iñigo Urkullu (Imaxe: Goberno vasco)
POLÍTICA

Urkullu suspende as eleccións vascas

O Lehendakari, Iñigo Urkullu, e os líderes dos partidos vascos decididoron suspensder as eleccións vascas do 5 de abril ante a situación da pandemia do coronavirus e o estado de alerta
O lehendakari Iñigo Urkullu (Imaxe Europa Press)
INTERNACIONAL

Ukullu afirma que o Goberno vasco analiza "legalmente" se mantén as eleccións

Urkullu-Feijoo-
POLÍTICA

Urkullu adianta as eleccións vascas ao 5 de abril e Feixoo ten 24 horas para decidir se convoca as galegas para esa data

Urkullu
Autodeterminación

Urkullu reclama unha consulta “legal e pactada” sobre o futuro de Euskadi

O lehendakari vasco considera que cómpre levala a cabo para “modernizar, afondar e garantir” o autogoberno. EH Bildu pídelle que lidere o “salto cualitativo da autonomía á soberanía” e o PP acúsao de estar “a xogar con lume”.

Captura de pantalla (47)
Baixo xuramento, o ex presidente non precisou se o contacto fora en persoa

Urkullu afirma que se viu con Raxoi na Moncloa para mediar sobre Catalunya

Íñigo Urkullu actuou como mediador entre o Govern e A Moncloa. Viuse no palacio presidencial con Raxoi o 19 de xullo de 2017. Así o revelou esta quinta feira a perguntas das defensas na quenda de interrogatorios ás testemuñas. Na cuarta feira, Raxoi eludiu precisar se o encontro con Urkullu fora en persoa. O lehendakari relatou que Puigdemont se inclinaba por anticipar eleccións e por non realizar a Declaración Unilateral de Independencia, pero na súa mediación non foi posíbel obter garantías da Moncloa de que nese escenario non se activaría o 155.

Nacemento e morte da Declaración de Barcelona

 
Asemblea Nacional do PNV
INTERNACIONAL

O PNV dá a luz verde aos orzamentos de Rajoy o mesmo día que pacta con Bildu o novo status para Euskadi

Nova mostra da ductilidade e do característico pragmatismo do partido de Ortuzar e Urkullu, capaz de chegar a acordos en Madrid co PP e en Euskadi con EH Bildu.

Falarmos do importante

Feijóo non é Urkullu

POLÍTICA

Ana Pontón consideraría “lamentábel” que a data das eleccións galegas a determinen Urkullu ou o xuízo da Gürtel

Poucos minutos antes de saber en que data irá convocar o lehendakari as eleccións vascas, a líder do BNG fixo unhas declaracións aos meios en que insta Feijóo a que esclareza canto antes se o goberno vasco ou o xuízo da Gürtel determinarán a data de realización das eleccións galegas.

POLÍTICA

O 2 de outubro perfílase como a data en que poderían coincidir as eleccións galegas e as vascas

O lehendakari anunciará presumibelmente esta sexta feira a data para a realización das eleccións vascas. En 2009 e 2012 os comicios vascos e galegos coincidiron. Feijóo e Urkullu mantiveron recentemente unha reunión e o asunto estivo sobre a mesa.

Iñigo Urkullu
Euskal Herria

Urkullu propón que se vote a "unión voluntaria" de Euskadi ao Estado español

Defendeuno no Parlamento de Gasteiz e posteriormente nunha entrevista. "Se non podemos saír da Constitución española [...] propóñase a unión voluntaria desde a libre adhesión", dixo.