Urkullu reclama unha consulta “legal e pactada” sobre o futuro de Euskadi
O lehendakari vasco considera que cómpre levala a cabo para “modernizar, afondar e garantir” o autogoberno. EH Bildu pídelle que lidere o “salto cualitativo da autonomía á soberanía” e o PP acúsao de estar “a xogar con lume”.
Urkullu afirma que se viu con Raxoi na Moncloa para mediar sobre Catalunya
Íñigo Urkullu actuou como mediador entre o Govern e A Moncloa. Viuse no palacio presidencial con Raxoi o 19 de xullo de 2017. Así o revelou esta quinta feira a perguntas das defensas na quenda de interrogatorios ás testemuñas. Na cuarta feira, Raxoi eludiu precisar se o encontro con Urkullu fora en persoa. O lehendakari relatou que Puigdemont se inclinaba por anticipar eleccións e por non realizar a Declaración Unilateral de Independencia, pero na súa mediación non foi posíbel obter garantías da Moncloa de que nese escenario non se activaría o 155.
O PNV dá a luz verde aos orzamentos de Rajoy o mesmo día que pacta con Bildu o novo status para Euskadi
Nova mostra da ductilidade e do característico pragmatismo do partido de Ortuzar e Urkullu, capaz de chegar a acordos en Madrid co PP e en Euskadi con EH Bildu.
Ana Pontón consideraría “lamentábel” que a data das eleccións galegas a determinen Urkullu ou o xuízo da Gürtel
Poucos minutos antes de saber en que data irá convocar o lehendakari as eleccións vascas, a líder do BNG fixo unhas declaracións aos meios en que insta Feijóo a que esclareza canto antes se o goberno vasco ou o xuízo da Gürtel determinarán a data de realización das eleccións galegas.
O 2 de outubro perfílase como a data en que poderían coincidir as eleccións galegas e as vascas
O lehendakari anunciará presumibelmente esta sexta feira a data para a realización das eleccións vascas. En 2009 e 2012 os comicios vascos e galegos coincidiron. Feijóo e Urkullu mantiveron recentemente unha reunión e o asunto estivo sobre a mesa.
Urkullu propón que se vote a "unión voluntaria" de Euskadi ao Estado español
Defendeuno no Parlamento de Gasteiz e posteriormente nunha entrevista. "Se non podemos saír da Constitución española [...] propóñase a unión voluntaria desde a libre adhesión", dixo.