Televisión

‘Os Argonautas e a Moeda de Ouro’, a nova serie que poderás ver en galego

A serie infantil está dispoñíbel na nova plataforma dixital da TVG.
Un fotograma da serie.
photo_camera Un fotograma da serie.

Os Argonautas e a Moeda de Ouro, a serie infantil coproducida por RTVE e Portocabo, poderá vese verse na nova plataforma dixital da CRTVG que entrará en funcionamento este mes. Pola sua parte, Clan tamén retomará a emisión dos últimos 10 capítulos da serie que a partir de mañá emitiranse os sábados e domingos ás 20 horas. 

Trátase da primeira serie infantil de imaxe real de Clan dirixida a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos de idade que segue as aventuras dun grupo de amigos durante o verán. Os Argonautas e a Moeda de Ouro é unha ficción integradora, na que nenos de realidades diversas se unen nunha grande aventura. 

Na serie, a cooperación entre os membros da cuadrilla é sempre a clave do éxito. Os Argonautas enfrontaranse a perigos, misterios e dificultades que fortalecerán a súa amizade e os farán crecer como persoas. 

A ficción coproducida por RTVE e Portocabo, conta co apoio da Televisión da Galiza e do Hub Audiovisual da Xunta financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do Eixo REACT-UE. Os 20 capítulos da serie graváronse o verán pasado entre Laxe e A Coruña. 

Con motivo da sua estrea en TVG, Santiago de Compostela acolleu unha multitudinaria premiere onde se proxectaron os tres primeiros episodios. Ademais de contar coa presenza de autoridades, os actores protagonistas e o equipo da serie, as butacas do teatro enchéronse con máis dun centenar de nenos e nenas que asistiron ao pase. 

Forman parte do elenco Eva Fernández, Federico Pérez Rey ou os actores noveis Aliyah Fidalgo, Sarela Montes, Brais Sixto, Claudia Pujaldes, Juan Rodríguez, Lúa Varela ou Xoel Río. 

Comentarios