As protestas contra a manipulación na CRTVG suman 300 semanas: "Os medios públicos están ao servizo do PP"

Persoal da CRTVG fai hoxe 300 semanas de mobilización contra a manipulación informativa e as represalias. A protesta desenvólvese só un día despois de que a coordinadora de Persoal da Radio Galega declarara nunha causa por un presunto delito de acoso, na que tamén está inmerso o director xeral da CRTVG.

Defende galega4-01
photo_camera Protesta do persoal da CRTVG contra a manipulación informativa nos medios públicos o pasado 11 de xaneiro. (Foto: Comité Intercentros CRTVG).
Comentarios