Un ataque israelí sobre Damasco deixa catro mortos e outros tantos feridos

Con este ataque, Israel continúa a súa escalada bélica contra países como Palestina ou Siria que xa deixan decenas de mortes no que vai de ano.
Vista aérea da cidade de Damasco, en Siria (Foto: Rostislav / Adobe Stock).
photo_camera Vista aérea da cidade de Damasco, en Siria (Foto: Rostislav / Adobe Stock).

Catro soldados sirios morreron e outros catro resultaron feridos tras o ataque aéreo israelí contra obxectivos nas inmediacións de Damasco, reportaa axencia SANA. Preto da capital siria escoitáronse explosións.

Segundo unha fonte militar da axencia siria, a agresión perpetrouse desde os Altos do Golán ao redor na madrugada da segunda feira (hora local).

O ataque provocou a activación dos sistemas de defensa antiaérea que interceptaron e derrubaron algúns dos proxectís lanzados, pero non se logrou evitar vítimas e danos materiais.

Ataques israelís

Con este ataque, Israel continúa a súa escalada bélica contra países como Palestina ou Siria que xa deixan decenas de mortes no que vai de ano.

No pasado mes de xullo o exército de Israel asasinou oito persoas e deixou cerca de 50 feridas no marco dunha operación lanzada na cidade cisxordana de Xinín, que incluíu bombardeos contra varios puntos da localidade e ataques contra o campo de refuxiados da cidade, segundo confirmaron as autoridades palestinas.

O Ministerio de Sanidade palestino sinalou que das 50 persoas feridas, até 10 quedaron en estado crítico.

Comentarios