A ONU denuncia que hai máis de 100.000 persoas desaparecidas en Siria

Segundo o líder da ONU, o pobo sirio "merece unha medida de esperanza para o futuro, merece paz e seguridade, e merecen saber a verdade sobre o destino dos seus seres queridos".
O secretario xeral das Nacións Unidas, António Guterres (Foto: Wang Ying / Xinhua News / Contactophoto).
photo_camera O secretario xeral das Nacións Unidas, António Guterres (Foto: Wang Ying / Xinhua News / Contactophoto).

O secretario xeral da Organización de Nacións Unidas (ONU), o portugués António Guterres, alertou a comunidade internacional sobre a necesidade de pór fin ao conflito armado en Siria, onde actualmente están desaparecidas máis de 100.000 persoas.

Segundo o líder da ONU, o pobo sirio "merece unha medida de esperanza para o futuro, merece paz e seguridade, e merecen saber a verdade sobre o destino dos seus seres queridos".

"A xustiza exíxeo, e a paz e a reconciliación dependen diso", asegurou. "Xente en todo o país e en todas as faccións teñen seres queridos que están desaparecidos, incluídos membros das súas familias que desapareceron á forza, sendo secuestrados, torturados e detidos arbitrariamente", agregou.

Guterres lamentou que "a maioría son homes, deixando as súas familiares mulleres encargadas de soster as súas familias en condicións imposíbeis (…) e ao mesmo tempo encargándose da tarefa complicada e a miúdo aterradora e perigosa de buscar os seus fillos, maridos, irmáns ou pais".

"Un conflito que se estende"

O pobo sirio sufriu as consecuencias dun conflito armado que se estende e que "ve os nenos converterse en adolescentes sen coñecer un día de paz", levando os cidadáns cara a unha precariedade exacerbada polos terremotos que sacudiron a zona norte do país en febreiro.

O secretario xeral do ente internacional sentenciou que "a comunidade internacional ten unha obriga moral de axudar nesta desesperada situación" e concluíu: "cumpramos con esta obrigación".

Comentarios