Israel asasina 48 persoas en Siria e 71 en Gaza, onde as vítimas mortais ascenden a 32.623

O Estado de Israel continúa súa ofensiva contra a poboación de Palestina, que agora pretende estender a Siria, onde os bombardeos da aviación sionista provocaron 48 mortes.  

EuropaPress_5855195_29_march_2024_palestinian_territories_rafah_palestinians_inspect_rubble_of
photo_camera Edificios derrubados esta sexta feira polos bombardeos israelís na cidade de Rafah, en Gaza. (Foto: Europa Press).

O Estado de Israel semella disposto a escalar a guerra a outros países de Oriente Próximo. Neste sentido, explícanse os bombardeos da aviación sionista contra a cidade siria de Alepo, onde perderon a vida 48 persoas.

O Goberno sirio non dubidou en cualificar o ataque como "agresión terrorista", que provocou "a morte e feriron a varios civís e soldados, ademais de perdas materiais"

As autoridades de Damasco lembraron que os bombardeos contra Alepo producíronse "tan só unhas horas despois doutra agresión lanzada a quinta feira polas forzas de ocupación israelís contra un edificio residencial na zona rural de Damasco, matando a dous civís e causando danos materiais".

O Executivo sirio destaca que os repetidos ataques de Israel "demostran o carácter agresivo e bárbaro" e "reafirman que é a principal causa da inestabilidade na rexión" debido a estes ataques e "aos crimes cotiáns de xenocidio cometidos polo fascismo sionista contra o pobo palestino".

71 civís asasinados en Gaza

O Ministerio de Saúde de Saúde de Gaza confirmou o asasinato de 71 persoas nas últimas 24 horas como consecuencia dos bombardeos da forza área israelí sobre os territorios palestinos ocupados da Faixa de Gaza.

As autoridades sanitarias gazatís sinalaron que os ataques da aviación de Israel deixaron, tamén, 112 feridos na última xornada. A este respecto, indicaron que “Israel perpetrou sete masacres en Gaza, onde morreron 71 persoas e 112 están feridos”.

As vítimas da quinta feira elevaron o número de persoas mortas desde o comezo da ofensiva sionista hai 175 días a 32.623 civís. Ao tempo, a cifra de feridos neste período alcanzaron 75.920 persoas.

.

Comentarios