Siria denuncia un ataque israelí contra o aeroporto de Alepo

Medios locais indicaron tamén que o ataque causou a interrupción dos servizos do Aeroporto Internacional de Alepo.
Soldados do exército de Israel (Foto: Ilia Yefimovich / dpa).
photo_camera Soldados do exército de Israel (Foto: Ilia Yefimovich / dpa).

O ministerio de Información de Siria denunciou unha nova agresión israelí preto da cidade de Alepo, na cal polo menos un soldado morreu e outros cinco uniformados máis dous civís resultaron feridos.

"As nosas defensas aéreas enfrontáronse a unha agresión israelí nas inmediacións da cidade de Alepo e derrubaron varios dos mísiles da agresión", detallou o Ministerio de Información do país de Medio Oriente.

Medios locais indicaron tamén que o ataque causou a interrupción dos servizos do Aeroporto Internacional de Alepo.

Ademais, falouse de perdas materiais en varias zonas onde impactaron os proxectís disparados polo exército sionista.

Outro ataque

Hai poucas xornadas, Tel Aviv levou a cabo outra agresión contra Siria con mísiles lanzados desde o norte do Líbano contra puntos situados na cidade de Homs.

Ese ataque terminou sendo interceptado por forzas sirias e, a pesar diso, deixou tres civís lesionados e un incendio nunha estación de combustíbel.

Comentarios