Anuario 2023

96 páxinas para entender o ano: consegue o Anuario 2023 esta fin de semana co 'Nós Diario'

96 páxinas de información analítica sobre Galiza, economía, internacional e cultura que serven para entender de maneira crítica e en galego as chaves dun ano cheo de noticias e novidades no mundo.
Detalles do anuario deste 2023 (Foto: Nós Diario).
photo_camera Detalles do anuario deste 2023 (Foto: Nós Diario).

Como cada sábado, Nós Diario trae este sábado entre as súas páxinas un novo número do semanario Sermos Galiza. Mais nesta ocasión trátase dun semanario especial, sendo que é o Anuario deste 2023.

Un resumo do que ten acontecido no país e no mundo este ano que se fecha a través dos textos das analistas que acompañaron o proxecto de Nós Diario este 2023.

Este número comeza cunha reflexión do conselleiro delegado de Sermos Galiza S.A, Xoán Costa, que se titula ‘De mil en mil’.

Ademais, alén do Anuario e do xornal podes conseguir, de maneira gratuíta un libro de 80 páxinas, a primeira das tres entregas da colección 'Biografías esenciais do reino da Galiza': Pardo de Cela, Fernando de Castro e as abadesas rebeldes.

96 páxinas

En total 96 páxinas de información analítica sobre Galiza, economía, internacional e cultura que serven para entender de maneira crítica e en galego as chaves dun ano cheo de noticias e novidades no mundo.

Decenas de temáticas de grande importancia para a poboación galega son tratadas no anuario. Temas como a inflación, política monetaria, lingua, ciencia, a guerra en Palestina e Ucraína, música ou cultura entre moitos outros completan 96 páxinas polo mesmo prezo que calquera outro semanario.

Isto significa que por 3,20 euros podes levar un total de 128 páxinas combinando o xornal e o anuario ademais do libro de balde.

Comentarios