Santiago de Compostela

youtubeiras compostela
LINGUA

Estas son as 18 finalistas que aspiran a gañar os Premios Youtubeiras 2023

A gala dos Premios Youtubeiras reivindicará o galego como espazo "integrador e diverso" para a comunidade creadora.

Un avión no aeroporto coruñés de Alvedro. (Foto: Imaxepress)
Agora

O temporal obriga a desviar a Madrid dous voos con destino A Coruña e outro que debía aterrar en Santiago

A borrasca Karlotta, que afecta Galiza desde a madrugada desta quinta feira, provocou varias incidencias no tráfico aéreo nos aeroportos da Coruña e Santiago de Compostela. En concreto, segundo informaron fontes de Aena citadas pola axencia Europa Press, no caso de Alvedro esta mañá non puideron aterrar dous voos procedentes de Madrid e que, por mor do vento, tiveron que regresar á súa orixe. Do mesmo modo, o vento tamén impediu que aterrase en Santiago de Compostela unha aeronave procedente de Bilbao, que foi desviada tamén a Madrid. O aeroporto de Vigo, polo de agora, opera con normalidade.
Tren de Media Distancia. (Foto: Joaquín Corbalán)
Mobilidade

A caída dunha árbore sobre a vía provoca importantes atrasos no tráfico ferroviario

Malia que a incidencia xa se resolveu, algúns trens circulan aínda polo eixo atlántico con atrasos de até 50 minutos.
Pleno municipal desta cuarta feira. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O Concello de Santiago aproba os orzamentos para 2024 cos votos de BNG, CA e PSOE e o 'non' do PP

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, salienta que as contas non inclúen incrementos de impostos municipais, o que, unido ao contexto inflacionista e a que os orzamentos en vigor estaba prorrogados, fixo "difícil" a súa elaboración.
Praza da Constitución, no corazón da zona histórica 
de Vigo (Foto: Nós Diario).
Vivenda

Os altos alugueres expulsan as persoas maiores do centro das cidades: "É evidente a turistificación"

A veciñanza e as inmobiliarias constatan o aumento de prezos nos alugueres de vivendas no centro das cidades galegas pola presenza do turismo. As persoas residentes, moitas de idade avanzada, teñen dificultade para continuar vinvindo nesas zonas pola presión de propietarias e propietarios.
Os corredores das Urxencias do CHUS, de novo colapsados esta terza feira. (Foto: Asociación de Pacientes do CHUS)
Vídeo

Novo colapso das Urxencias do CHUS, o quinto este ano: até 17 "pacientes graves" agardaban en padiolas e cadeiras de rodas

"Fronte aos discursos e relatos oficiais que afirman que a situación de colapso das urxencias é de orixe estacional produto da vaga da gripe, a realidade baseada nos feitos indican que a causa radica na ineficiente xestión das camas dispoñíbeis e na persistencia en converter os servizos de Urxencias nun aparcamento de pacientes", censuran desde a Asociación de Pacientes.

mani
SOCIAL

GALERÍA | Así foi a manifestación en defensa da sanidade pública

Manifestación en defensa da sanidade pública en febreiro de 2023 en Compostela. (Foto: Arxina)
Sanidade pública

10 datos que evidencian a deterioración da sanidade galega após 14 anos de gobernos do PP

Este domingo hai convocada unha manifestación nacional en defensa da sanidade pública en Compostela. Unha mobilización que se prevé multitudinaria e que quer evidenciar o deterioro ao longo destes anos destes servizos públicos.

Sica Romero.
CULTURA

Sica Romero recibe o Premio San Clemente por 'Avelaíñas eléctricas'

O acto de entrega celebrarase o día 7 de febreiro ás 18 horas no Auditorio do instituto compostelán. As tres autoras protagonizarán encontros co alumnado o propio mércores e tamén o xoves, día en que as actividades se ampliarán ao IES Pontepedriña.

Escena de 'N.e.v.e.r.m.o.r.e.', o último espectáculo teatral de Chévere. (Foto: Tino Viz / Chévere).
teatro

'Helen Keller, a muller marabilla?': así é o novo espectáculo de Chévere, que se estrea este mes en Compostela

Creado en coprodución co Centro Dramático Nacional e o Teatre Lliure, o espectáculo trata sobre a posibilidade da rebeldía e a disidencia na nosa sociedade.
Traballadoras nun centro hospitalario. (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press)
SOCIAL

SOS Sanidade Pública denuncia o "deterioro" do Sergas e solicita o apoio da cidadanía á manifestación deste domingo

A plataforma mobilizarase este domingo en Santiago de Compostela.
Cristina Q.N. ofrece o seu testemuño sobre a realidade da Unidade de Oncoloxía do CHUS. (Foto: Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS)
Sanidade pública

O relato da filla dunha paciente de cancro no CHUS: "Non deberían ter que loitar por un servizo en condicións e de calidade"

As doentes de cancro, afirma Cristina Q.N., pasan até sete horas diarias no CHUS polas múltiples demoras para as analíticas, as consultas e os tratamentos. O persoal está "desbordado e esgotado", pois nos últimos anos "aumentaron os pacientes mais non os profesionais", e hai veces nas que deben agardar nun corredor "que fan chamar lista de espera" e polo que pasan moitas persoas.
The Rapants vén de sacar o sinxelo 'Blaster W4u'. (Foto: Andrea Freckleseye)
VÍDEO

The Rapants presenta novo disco en marzo: "Queriamos arrancar cunha canción animada e cunha letra moi nosa"

As entradas para a sala Capitol póñense á vena esta sexta feira.
Vivendas en alugueiro #aluguer #vivenda #piso #casa (Foto: Laura R. Cuba)
Vivenda

BNG, PSOE e CA apoian declarar Compostela zona de mercado tensionado da vivenda

O PP opúxose a esta declaración.

A exposición 'Lorca en compostela' atraeu a máis de 26.000 visitantes.
CULTURA

As exposicións do Consorcio de Santiago convocan máis de 50.000 visitantes en 2023

A Casa do Cabido  obtén os mellores datos de asistencia desde que foi restaurada polo Consorcio de Santiago no 2011.
A alcaldesa da capital galega, a nacionalista Goretti Sanmartín. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O Executivo de Compostela remite á Xunta a proposta para mellorar a mobilidade e integración urbana do CHUS

Sanmartín destaca as propostas "serias e viábeis".
Turistas na praza do Obradoiro de Santiago. (Foto: Arxina)
Turismo

Compostela defenderá en Fitur un modelo turístico "sostíbel, responsábel e con valor engadido"

A alcaldesa confía en implantar a taxa turística antes do remate do ano.
Finalización da manifestación na praza do Obradoiro. (Foto: Arxina).
SOCIAL

GALERÍA | Así foi a histórica manifestación en defensa do mar na capital galega

Manifestación en defensa do mar este domingo en Compostela (Foto: Arxina).
Vídeos no interior

Galiza convértese nun clamor en defensa do mar cunha manifestación masiva en Santiago de Compostela

"En defensa do noso mar, mentiras e incompetencia nunca máis" berraron as persoas asistentes no seu percurso polas rúas compostelás até a chegada da praza do Obradoiro.
Presentación do informe, hoxe en Compostela. (Foto: Concello de Compostela)
TRABALLO

O Club Financeiro sitúa Compostela como cidade con menor desemprego e Ames como concello con máis xente nova

A de Compostela é "a comarca menos envellecida".