Sanidade pública

O relato da filla dunha paciente de cancro no CHUS: "Non deberían ter que loitar por un servizo en condicións e de calidade"

As doentes de cancro, afirma Cristina Q.N., pasan até sete horas diarias no CHUS polas múltiples demoras para as analíticas, as consultas e os tratamentos. O persoal está "desbordado e esgotado", pois nos últimos anos "aumentaron os pacientes mais non os profesionais", e hai veces nas que deben agardar nun corredor "que fan chamar lista de espera" e polo que pasan moitas persoas.
Cristina Q.N. ofrece o seu testemuño sobre a realidade da Unidade de Oncoloxía do CHUS. (Foto: Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS)
photo_camera Cristina Q.N. ofrece o seu testemuño sobre a realidade da Unidade de Oncoloxía do CHUS. (Foto: Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS)
Comentarios