Novas incidencias no tráfico ferroviario da Galiza. A caída dunha árbore sobre a vía provocou importantes atrasos na mañá desta quinta feira na liña que une as cidades de Pontevedra e Santiago de Compostela.
En concreto, segundo a información facilitada por Adif, a caída dunha árbore provocou á primeira hora o corte da circulación ferroviaria entre as localidades de Catoira e Pontecesures. Os trens afectados circularon desviados entre a bifurcación de Angueira e Vilagarcía de Arousa.
Malia que a incidencia se resolveu, segundo Adif, en aproximadamente unha hora e logo puido reanudarse a circulación, este problema aínda está a xerar atrasos nos trens, nalgúns deles de até 40 e 50 minutos, segundo informaron varias persoas afectadas.