SOCIAL

GALERÍA | Así foi a histórica manifestación en defensa do mar na capital galega

O desastre medioambiental dos pellets e, sobre todo, a resposta ante el do Goberno galego provocaron a convocatoria este domingo dunha masiva manifestación en Santiago de Compostela á que se sumaron 130 colectivos, dos que 41 son do mar (agrupacións de mariscadoras, Confrarías, Agrupacións de Produtores de Mexillón...), 40 socio-culturais, 22 colectivos ambientalistas, 18 plataformas, seis colectivos sindicais, dous de limpeza e un de sanidade. Os miles de persoas que acudiron á capital galega tornaron a cidade nun clamor contra a xestión da Xunta da Galiza da crise dos pellets e a impasividade do titular do Executivo, Alfonso Rueda.

Comentarios