SOCIAL

GALERÍA | Así foi a manifestación en defensa da sanidade pública

Milleiros de persoas volven tomar este domingo as rúas de Santiago de Compostela para defender o sistema sanitario público e exixir solucións ao Goberno galego ante os múltiples problemas que atravesa o servizo en todos os niveis. "Esta é unha manifestación para rexeitar a situación que estamos a vivir na sanidade pública, unha situación que non permite máis dilación", salientou, en declaracións aos medios antes do inicio da marcha, o portavoz de SOS Sanidade Pública, o colectivo convocante, Manuel Martín, que chamou a reverter esta situación: "É a hora de tomar decisións. Se non hai un cambio na política sanitaria, haberá que cambiar os responsábeis".

Comentarios