O PSdeG aproba en Lugo a moción contra Altri que rexeitou en Compostela
O Concello de Lugo insta a Xunta da Galiza a emitir un informe negativo para o proxecto de macrocelulosa na Ulloa
O Concello de Lugo insta a Xunta da Galiza a emitir un informe negativo para o proxecto de macrocelulosa na Ulloa
O acordo marco alcanzado por nacionalistas e socialistas para promover Gobernos alternativos ao PP nos concellos galegos está axilizando os procesos de negociación no ámbito local, co horizonte posto nas sesións de constitución das novas corporacións fixadas para o próximo 17 de xullo.
O PSOE e o BNG de Lugo cítanse esta quinta feira para dar os primeiros pasos nas negociacións encamiñadas a reeditar un acordo de goberno para a cidade e artellar o programa marco que rexerá no novo mandato municipal. O portavoz dos socialistas lugueses, Miguel Fernández, sinala que nesta reunión abordarán a estratexia do novo goberno tras cumprir "case na súa totalidade" o programa marco do anterior. Tamén se negociarán as áreas que corresponderán aos integrantes da coalición. Pola súa parte, o portavoz do BNG, Rubén Arroxo, detallou que, polo de agora, "o único" que se puxo sobre a mesa foi o calendario de xuntanzas e o esquema sobre o que traballarán, e puntualizou que a intención do Bloque é "crear o mellor goberno e proxecto para Lugo, para que a cidade siga camiñando tal e como decidiron os veciños".
Todo é posíbel na cidade de Lugo. Como sinalou Alfonso Rueda no mitin da quinta feira dos populares na cidade, o resultado decidirase por un “puñado de votos”. Arroxo, Candia e Méndez pelexan por conseguir eses sufraxios necesarios para alzarse coa Alcaldía.
Na recta final da carreira electoral, 'Nós Diario' achega unha serie de entrevistas aos principais candidatos e candidatas ás alcaldías das cidades galegas para coñecer os seus programas e propostas de cara ao 28-M. Continuamos con Lugo recollendo as opinións da alcaldesa e candidata do PSdeG á reelección, Lara Méndez; o candidato do BNG, Rubén Arroxo, a do PP, Elena Candia e a alcaldábel por Ciudadanos, Olga Louzao.
“O Goberno do PP leva anos dándolle as costas a Lugo”, afirmou a portavoz do BNG.