28-M

As eleccións municipais en Lugo, a debate en 'Nós Diario'

Na recta final da carreira electoral, 'Nós Diario' achega unha serie de entrevistas aos principais candidatos e candidatas ás alcaldías das cidades galegas para coñecer os seus programas e propostas de cara ao 28-M. Continuamos con Lugo recollendo as opinións da alcaldesa e candidata do PSdeG á reelección, Lara Méndez; o candidato do BNG, Rubén Arroxo, a do PP, Elena Candia e a alcaldábel por Ciudadanos, Olga Louzao.

Méndez, Arroxo, Candia e Louzao (Foto: Nós Diario).
photo_camera Méndez, Arroxo, Candia e Louzao (Foto: Nós Diario).

A cidade de Lugo e os seus cidadáns, ao igual que o resto da cidadanía galega, ten unha cita coas urnas o vindeiro 28-M. Desde o ano 1999, o PsdeG é o principal partido de goberno en Lugo, primeiro con José Clemente López orozoco e posteriormente (desde 2015) coa actual rexedora, Lara Méndez que buscará manterse máis unha lexislatura na Alcaldía. Fronte a ela terá o candidato do BNG e actual tenete alcalde, A candidata popular, Elena Candia e a candidata de Ciudadanos, Olga Louzao.

Co obxectivo de coñecer de primeira man os programas e propostas das principais candidaturas, Nós Diario contacta tanto con Méndez así como con Arroxo, Candia e Louzao.

Lara Méndez: "As infraestruturas son unha prioridade absoluta, reclameino co PP no Goberno estatal e agora co PSOE"

A rexedora luguesa e candidata á reelección abordou diversas cuestións nas preguntas de Nos Diario como as infraestruturas e o seu goberno.

“Durante estes últimos catro anos desenvolvemos o proxecto de cidade que deseñamos no mandato anterior e co que nos comprometemos coa veciñanza, avanzando  na segunda gran transformación de Lugo, cunha nova mirada á concepción de cidade, baseada nun urbanismo máis sostíbel e proactivo na loita contra o cambio climático”, indica Méndez.

Rubén Arroxo: "Cumprimos 95% do programa electoral neste mandato"

Pola súa parte o candidato nacionalista e tenente de alcalde da cidade da muralla, Rubén Arroxo abordou estes últimos catro anos de mandato e o que espera para despois do 28-M.

“Unha das primeiras medidas a tomar desde a Alcaldía, se recae no BNG, será a convocatoría dunha xuntanza de todas as administracións Xunta, Estado, Concello para garantir as infraestruturas precisas para que Lugo teña comunicacións”, salienta Arroxo.

Elena Candia: "Lugo non quere parecerse a Pontevedra"

Quenda da candidata popular á Alcaldía de Lugo, Elena Candia. Na súa entrevista aborda múltiples temas como o desemprego ou a mobilidade.

“Lugo debe encamiñarse cara a unha mobilidade sostíbel que concilie o reforzo do transporte público cunha circulación fluída e un estacionamento cómodo. As propostas do PP en materia de mobilidade son modificar o carril bici, os veciños e comerciantes axudarán a decidir o itinerario”, manifestou Candia.

Olga Louzao: "Seremos decisivos e pactaremos con proxectos, non con partidos"

Finalmente, a candidata de Ciudadanos tamén atendeu este xornal para tratar o seu programa de cara ás eleccións municipais do 28 de maio.

“Non podemos esquecernos do precario mantemento das estradas actuais. É necesario que desde a Administración local como goberno de todos os lucenses interceda ante Xunta e Goberno do estado para que Lugo deixe de r ser a gran esquecida da Galiza, algo que non fixo a actual corporación”, asegura Louzao.

Comentarios