As ameazas de morte a Rubén Arroxo serán xulgadas pola Audiencia de Lugo

A Audiencia de Lugo reabriu a causa relativa ás ameazas de morte recibidas polo tenente de alcaldesa e portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo. O caso fora arquivado polo xulgado de primeira instancia mais a Audiencia de Lugo estimou o recurso do denunciante e reabriu o procedemento. Os feitos tiveron lugar en 2022 cando un veciño proferiu ameazas de morte nas redes sociais, unhas mensaxes que se puideron ler, segundo fontes consultadas, no muro do entón concelleiro do PP Óscar Poy. Arroxo acudiu á Comisaría da Policía a denunciar os feitos. Nos comentarios podíase ler que "había que linchar" ao portavoz do BNG ou "vou ir a por eles e mesmo son capaz de cortarlle o pescozo".
O tenente de alcalde sade Lugo e portavoz do BNG na cidade, Rubén Arroxo (Foto: Xan Carballa).
photo_camera O tenente de alcalde sade Lugo e portavoz do BNG na cidade, Rubén Arroxo (Foto: Xan Carballa).
Comentarios