28-M

VÍDEO | 'Orgullo de Lugo', así é o vídeo de campaña do BNG lugués

Este vídeo dos nacionalistas lugueses xa acumula miles de visualizacións nas diferentes redes sociais e con el buscan lograr o apoio da veciñanza para facerse co Goberno local.
Rubén Arroxo recibe unha carta durante o video do BNG de Lugo (Foto: Nós Diario).
photo_camera Rubén Arroxo recibe unha carta durante o video do BNG de Lugo (Foto: Nós Diario).

O BNG de Lugo vén de publicar un vídeo enmarcado na campaña electoral de cara ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio (28-M).

Os nacionalistas, que na actualidade se encontran no goberno da cidade da muralla xunto co PSdeG, queren pór en valor, a través desta peza audiovisual o traballo realizado nestes últimos catro anos á fronte da Tenencia de Alcaldía e das Concellarías ocupadas polo BNG.

No vídeo pode verse o actual tenente de alcalde e candidato á Alcaldía polo BNG en Lugo, Rubén Arroxo camiñando pola cidade de Lugo cando recibe unha carta que lle entrega unha crianza.

A carta

A carta trátase dunha mensaxe dun veciño da cidade que agradece o traballo do BNG no relativo a accións de peonalizacións e calmado do tráfico acometidas neste mandato que, segundo indica “mellora a vida das persoas”.

Este vídeo dos nacionalistas lugueses xa acumula miles de visualizacións nas diferentes redes sociais e con el buscan lograr o apoio da veciñanza para facerse co Goberno local.

95% do programa cumprido

Nunha entrevista concedida a Nós Diario por causa das eleccións municipais do 28-M, Arroxo comentaba que se valora “moi positivamente que o BNG cumprira 95% do seu programa electoral desde o goberno e a candidatura presentada”.

Para alén diso, o nacionalista aseguraba que “demos pasos fundamentais en canto á peonalización, a pintura de murais nas medianeiras, o apoio ao comercio de proximidade cunha renovación da praza e do mercado, creamos itinerarios seguros para escolares, e tivemos unha actividade cultural envexábel”.

Comentarios