Revenidas

Xoán Quintáns, organizador do Revenidas Miudo, Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, Pedro González Boquete, director executivo de Leite Noso, Xosé Manuel Merelles, director de Turismo da Galiza, e Eduardo Barbagelata e Ana Iglesias, representantes do complexo do Monte do Gozo (Foto: Revenidas Miúdo).
CULTURA

O Revenidas Miúdo publica os horarios das actuacións nos seus tres escenarios

O festival familiar decorrerá no Monte do Gozo o domingo 28 de xullo, con entrada de balde.
Xabier Díaz. (Foto: Arxina)
CULTURA

Revenidas Miúdo fecha cartel con Xabier Díaz e Guillerme Fernández e Cé Orquestra Fantasma

O festival familiar celebrarase no Monto do Gozo o domingo 28 de xullo, a partir das 12 horas e con entrada de balde.
Concerto de Me Fritos and the Gimme Cheetos no na edición do ano pasado do Revenidas. (Foto: Festival Revenidas)
CULTURA

O Revenidas anuncia a programación por días: consulta aquí o cartel completo

O festival decorrerá en en Vilaxoán do 12 ao 15 de setembro.
Guadi Galego (Foto: Carlos Abal Lobato).
CULTURA

O Revenidas suma a El Kanka, The Rapants e o dúo Vértebras

Guadi Galego estará no cartel do festival de Vilaxoán, que tamén acollerá os derradeiros concertos na Galiza de Mafalda e Lágrimas de Sangre

Fillas de Cassandra, durante a súa actuación no festival Revenidas 2023. (Foto: Christian Pérez)
CULTURA

Tanxugueiras, La Pegatina e Fillas de Cassandra, entre as primeiras confirmacións do Revenidas 2024

As entradas para os catro días están xa á venda a un prezo de 59 euros.
O carballiñés Christian Pérez. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Christian Pérez: "O máis difícil á hora de facer unha fotografía nun concerto é o ritmo frenético e as luces cambiantes"

Christian Pérez (O Carballiño, 1994) é o fotógrafo oficial do Festival Revenidas, escenario onde puido retratar o artista asturiano Rodrigo Cuevas cunha fotografía que lle valeu o nomeamento como finalista nos Iberian Festival Awards.
Rodrigo Cuevas entre o público durante a súa actuación no festival. (Foto: Christian Pérez)
CULTURA

O Revenidas, finalista en dúas categorías dos premios Iberian Festival

Os premios destacan a ampla aposta do Revenidas 2023 pola música en galego.
Fillas de Cassandra, durante a súa actuación no festival Revenidas 2023. (Foto: Christian Pérez)
CULTURA

O Revenidas 2023 bota o feche este domingo cunha xornada de portas abertas

Os tres primeiros días do festival congregaron 20.000 persoas en Vilaxoán, na que xa é a súa edición máis multitudinaria

Unha imaxe do Revenidas de 2022 (Foto: Revenidas).
CULTURA

Desakato, Sara Hebe e Ana Tijoux, entre outras, dan comezo ao Revenidas esta quinta feira

Unha hora antes de que se abran as porta do recinto do festival, terá lugar a primeira das actividades paralelas do Revenidas. O músico, escritor e divulgador Xurxo Souto será o encargado de guiar e pór banda sonora ao roteiro 'Redescubre Vilaxoán'.
Un concerto da edición de 2022 do popular festival de Vilaxoán. (Foto: Revenidas)
star
CULTURA

Vinte anos de música e sardiñas no Revenidas

O festival Revenidas fai 20 anos e regresa os próximos días 7, 8, 9 e 10 de setembro nunha edición que achegará até Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa, O Salnés) unha mestura entre os mellores grupos da Galiza e bandas punteiras a nivel internacional. A través da combinación de estilos e xéneros musicais e cun cartaz con ampla presenza feminina, a volta aos escenarios de Heredeiros da Crus, o aniversario de Dakidarría ou o único concerto deste ano na Galiza de Ska-p e Zoo son algunhas das actuacións máis agardadas por un público incondicional.
O grupo Dakidarría (Foto: Nós Diario).
Música

Dakidarría festexará o seu 20 aniversario cun gran concerto no Revenidas

A banda, que está gravando un documental durante esta xira aniversario, quere recalcar en palabras de Gabri (vocalista) que "eliximos o festival Revenidas porque para nós sempre foi como a nosa casa e o festival que máis representa a nosa xente".
Quintáns, Saez, Merelles, Varela, Castro, Sutil e Sheila Patricia, na presentación do festival. (Foto: Festival Revenidas)
CULTURA

Talento galego, feminino e emerxente daranse cita en Vilaxoán da man do Revenidas

O festival terá lugar entre o 7 e o 10 de setembro

Tanxugueiras estarán presentes en Riazor.
CULTURA

Tanxugueiras, Antía Ameixeiras e Su Garrido entre as artistas dos concertos a bordo do Revenidas

Xurxo Souto guiará un roteiro polos principais lugares de interese histórico, artístico e etnográfico de Vilaxoán

Peter Punk, un clásico do festival Revenidas
CULTURA

A Gala Solidaria do Revenidas acolle circo, maxia, música e clown

Peter Punk e Uxía Molona, entre as participantes.
Panteón Rococó.
CULTURA

Panteón Rococó e La Élite completan o cartel do Revenidas

O grupo mexicano actuará o xoves 7 e o dúo catalán o sábado 9.
Sheila Patricia estará levando a música galega ao ámbito internacional. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Sheila Patricia: "É moi gratificante ver que festivais galegos están apostando por artistas locais"

Sheila Patricia é unha das pioneiras da música folk e electrónica e tamén unha das artistas confirmadas para estar no festival Revenidas, que terá lugar entre o 7 e o 10 de setembro. Patricia aborda a acollida da música galega a nivel internacional, mais tamén nos carteis dos festivais do país.

gala circo web
Máis

A grande estrea do Revenidas Miúdo

O Festival de música Revenidas innova en formato para achegar este domingo -coa súa primeira feira- a festa e a cultura até os máis novos e novas das casas. O Mago Paco, Uxía Lambona, Peter Punk, Pakolas, Cé Orquestra ou Paco Nogueiras conforman un cartaz que a organización define como un "all stars" da música galega para a diversión e o desfrute da rapazada.
Pakolas.
CULTURA

Revenidas convoca un festival para a cativada no Monte do Gozo

A primeira edición do Revenidas Miúdo, o 16 de xuño, reunirá a Uxía Lambona e a Banda Molona, Peter Punk, Pakolas, Paco Nogueiras e Cé Orquestra Pantasma.
Un concerto da edición de 2022 do popular festival de Vilaxoán. (Foto: Revenidas)
CULTURA

O Revenidas presenta o cartel por días: o sábado, prato forte do festival

Ska-P, Dakidarría —cun concerto especial polo XX aniversario con artistas convidados e gravación incluída—, Lamatumbá, Heredeiros da Crus e Rodrigo Cuevas protagonizan o programa do sábado. As entradas diarias están xa á venda.
CULTURA

Revenidas engade máis nomes ao cartel de 2023

O festival Revenidas, que se celebrará en Vilaxoán do xoves 7 ao domingo 10 de setembro, vai completando pouco a pouco o seu cartel do festival, sempre seguindo a súa filosfía de incluir destacadas figuras da escena musical galega, estatal e internacional, tendo moi en conta cuestión como a paridade de xénero ou a presenza de linguas minorizadas.