Panteón Rococó e La Élite completan o cartel do Revenidas

O grupo mexicano actuará o xoves 7 e o dúo catalán o sábado 9.
Panteón Rococó.
photo_camera Panteón Rococó.

O festival Revenidas, que se celebrará en Vilaxoán desde a quinta feira 7 até o domingo 10 de setembro, ven de completar o seu cartel con dúas novas incorporacións: a do grupo mexicano Panteón Rococó, unha banda co 25 anos de traxectoria que pasa por ser a máis influinte no ska latino, e a do dúo catalán La Élite, principal expoñente do synthetik punk, un xénero que se basea en combinar o punk cos sintetizadores e as caixas de ritmos. 

O Revenidas dará a coñecer en vindeiras datas os contidos e os protagonistas das actividades paralelas.

Cartel completo 

Panteón Rococó xurdiu en México hai máis de 25 anos ao berro de "Paz, Baile e Resistencia". Hoxe esa premisa mantense entre os seus sinais de identidade, pero aquel grupo de oito amigos converteuse nunha das bandas máis influintes do ska latino, un estilo no que teñen cabida o rock, o punk, a salsa, o mariachi, o reggae e mesmo a música folclórica mexicana, cun son e unha proposta escénica enérxica e movediza. 

E desde Lleida para todo o mundo chega o novo son do punk: o synthetik punk de La Élite. A banda catalá parte da base de que os sintetizadores e as caixas de ritmos teñen cabida e encárgase de demostrar que si que é posíbel, sen perder por iso nin un gramo de contundencia. 

Outras bandas xa confirmadas no Revenidas 2023 son Ana Tijoux, Desakato, HYDN, Tremenda Jauría, The Skarnivals, Arrythmia, Zoo, Fillas de Cassandra, Los Chikos del Maíz, Zetak, Tropa do Carallo; Sheila Patricia, La Regadera, Rebeliom do Inframundo, Dakidarría, Rodrigo Cuevas, Heredeiros da Crus,  Lamatumbá, Nativa, Kiza, O Rabelo, Familia Caamagno, Mondra, The Rapants, Kris K Dj, Me Fritos and the Gimme Cheetos, Xosé Lois Romero e Aliboria e A Duendeneta. 

Comentarios