Revenidas convoca un festival para a cativada no Monte do Gozo

A primeira edición do Revenidas Miúdo, o 16 de xuño, reunirá a Uxía Lambona e a Banda Molona, Peter Punk, Pakolas, Paco Nogueiras e Cé Orquestra Pantasma.
Pakolas.
photo_camera Pakolas.

O festival Revenidas continúa o seu labor de espallar as súas actividades polo conxunto da xeografía galega. Nesta ocasión celebración da primeira edición do Revenidas Miúdo, un auténtico All Star da música infantil e artes escénicas galegas, como o definiron as persoas da organización do evento. 

No apartado artístico esta primeira edición do Revenidas Miúdo contará con cinco das propostas galegas máis destacadas no ámbito dos espectáculos dirixidos ao público familiar -tanto na música como na escena- como son Uxía Lambona e a Banda Molona, Peter Punk, Pakolas, Paco Nogueiras e Cé Orquestra Pantasma. 

 

O Revenidas Miúdo nace cun espírito de romaría diúrna de carácter familiar. Celebrarase o domingo 16 de xullo, entre as 12 e as 19 horas, e terá por escenario un espazo tan simbólico para o Xacobeo como é o complexo e albergue do Monte do Gozo. Un espazo que conta instalacións hostaleiras e zonas de restauración así como piscinas públicas para o desfrute dos nenos e nenas e dos non tan nenos nin nenas. 

Ademais destas actuacións, ao longo da xornada realizaranse diversos obradoiros, non faltarán os xogos populares e, segundo explica a organización, "outras sorpresas".

 

festival Revenidas, que se celebrará en Vilaxoán de Arousa da quinta feira 7 de setembro ao domingo día 10, vén de desvelar o cartel dos catro días ao tempo que pon á venda as entradas soltas para cada unha das xornadas do festival. 

O Revenidas, ademais, anunciará as clásicas actividades paralelas como son a Gala de Circo, os concertos a bordo, os roteiros guiados e a sardiñada popular que terá lugar o domingo 10 de setembro. 

 

Comentarios