O Revenidas 2023 bota o feche este domingo cunha xornada de portas abertas

Os tres primeiros días do festival congregaron 20.000 persoas en Vilaxoán, na que xa é a súa edición máis multitudinaria

Fillas de Cassandra, durante a súa actuación no festival Revenidas 2023. (Foto: Christian Pérez)
photo_camera Fillas de Cassandra, a sexta feira, durante a súa actuación no festival Revenidas. (Foto: Christian Pérez)

Despois dos tres primeiros e intensos días de festival, que congregaron 20.000 persoas, o Revenidas fecha esta edición cunha xornada de portas abertas na que o acceso a todas as actividades (excepto aos concertos a bordo) será de balde.

Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa, O Salnés) acollerá un ano máis a máis a xornada de clausura do Revenidas 2023, que dará comezo ás 12 do mediodía coa actuación do grupo de gaitas Os Terribles de Arousa no parque de Dona Concha. Unha hora despois, no mesmo lugar, haberá un concerto destinado ao público familiar a cargo de Uxía Lambona e a Banda Molona, formación que recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, tinguíndoos de ska, reggae, rock ou tango.

Ás 13.30 h dará comezo a tradicional sardiñada Revenidas-Turismo Rías Baixas, a festa que hai xa máis de dúas décadas deu orixe ao festival.

Despois dos tres primeiros e intensos días de festival, que congregaron a 20.000 persoas, o Revenidas pecha esta edición cunha xornada de portas abertas na que o acceso a todas as actividades (excepto aos concertos a bordo) será de balde.

A xornada de clausura do Revenidas 2023 dará comezo ás 12 do mediodía coa actuación do grupo de gaitas Os Terribles de Arousa no parque de Dona Concha. Unha hora despois, no mesmo lugar, haberá un concerto destinado ao público familiar a cargo de Uxía Lambna e a Banda Molona, formación recolle que os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, tinguíndoos de ska, reggae, rock ou tango.

Ás 13.30 horas dará comezo a tradicional sardiñada Revenidas-Turismo Rías Baixas, a festa que hai xa máis de dúas décadas deu orixen ao festival.

A animación do parque, a partir das 15.50 horas, correrá por conta da Louband Street Band, até as 17.30 horas, momento no que dará comezo a Gala de Circo Solidaria.

A música retorna ao Revenidas ás 19.45 horas, coa actuación de Xosé Lois Romero e Aliboria, unha das formacións que mellor representa a conexión entre a nos música tradicional e as novas xeracións.

O Revenidas fechará a súa edición de 2023 cunha sesión de La Yaya Dj, unha disyóquei de Vilagarcía de Arousa que traslada o compromiso feminista aos seus sets, nos que teñen cabida todo tipo de estilos, sempre co espírito festivo e bailábel como fundamento.

Música baixo a chuvia

O Revenidas vai recuperar ao remate da xornada do sábado o concerto de Rebeliom do Inframundo que se tivo que suspender o na sexta feira por mor das condición meteorolóxicas.

O concerto estaba en principio programado para as tres da madrugada da sexta feira, 8 de setembro. A esa hora, ademáis de chover de maneira intensa, desatouse unha gran tormenta eléctrica. Foi precisamente o risco que supuña esa tormenta a razón pola que a organización tivo que suspender, por motivos de seguridade, a actuación. Unha actuación que se recupera hoxe, a modo de feche da xornada do sábado.

 

Comentarios