star
Sesión de investidura
X. M. P.
09/abr./24 20:19
Alfonso Rueda postulouse esta terza feira na defensa da súa candidatura á Presidencia da Xunta da Galiza cun discurso no Parlamento no que a súa mirada non se detiña nos catro anos da lexislatura que oficialmente arrinca agora, senón que apuntaba, segundo as súas palabras, "á construción da Galiza da vindeira década". Iso si, seguindo as mesmas receitas que nestes 15 anos.