O PSdeG ve continuísmo no novo Goberno de Rueda, sen "elementos para o optimismo": "Reviven un tempo pasado"

"O que Rueda ten que cambiar realmente son as súas políticas", advirte Elena Espinosa.
A deputada do PSdeG Elena Espinosa. (Foto: Europa Press)
photo_camera A deputada do PSdeG Elena Espinosa. (Foto: Europa Press)

A deputada do PSdeG Elena Espinosa asegurou este domingo que as socialistas non atopan "moitos elementos para o optimismo" no novo Goberno da Xunta anunciado por Alfonso Rueda durante a mañá e ve continuísmo "dos principais nomeamentos de [Alberto Núñez] Feixoo".

Nunha valoración difundida aos medios, Espinosa desexou "toda a sorte do mundo" ao Executivo galego e reiterou a "colaboración desde a crítica construtiva e firme" do PSdeG.

Con todo, lamentou non atopar "moitos elementos para o optimismo" ao ver que "continúan os principais nomeamentos de Feixoo". "Reviven un tempo de pasado, un tempo de mal recordo", aseverou.

Ademais, tamén reprochou que, "á marxe de que non hai grandes fichaxes" segue habendo "maioría de homes e continúan algúns conselleiros que deberían de estar cesados".

"O que Rueda ten que cambiar realmente son as súas políticas. Nós estaremos vixiantes para que se blinden os servizos públicos e que Galiza deixe de estar á cola de España", manifestou.

Comentarios