POLÍTICA
Feixoo non investiu 1.400 millóns de fondos europeos
17/nov./21
As axudas correspóndense co período 2014-2020
O colectivo Interior Galego Vivo denuncia o “continuísmo” do proxecto de orzamentos da Xunta da Galiza para 2022. “Para o rural significa afondar na discriminación e na falta de investimentos”, advirte. Pon de manifesto, ademais, que as liñas de axuda para a reserva da biosfera na Ribeira Sacra, procedentes dos fondos Next Generation, beneficiarán axentes externos e favorecerán a xentrificación.
Falar de Economía de Proximidade é algo máis que tratar de comercio. O economísta Marcelino Fernández Mallo adéntrase neste termo falando de produción e con esta idea organizou un seminario na Coruña no que reunirá referentes na materia e algúns exemplos de éxito que traballan na Galiza.