star
ECONOMÍA
Expertos apostan por mancomunar servizos para unha mellor eficiencia a nivel municipal
07/xuño/23
O Observatorio Municipal Galego chama a facer unha reflexión sobre a eficiencia no gasto público dos pequenos concellos, xa que teñen maior gasto por habitante. Neste sentido, aposta por fórmulas como as mancomunidades ou a colaboración máis activa coas Deputacións. Os concellos de menos de 5.000 habitantes gastan 1.210 euros por persoa, unha cifra maior que nos de máis tamaño poboacional.