CULTURA
Viaxe á literatura galega da man de Manuel Veiga para vela con ollos renovados
23/abr./24
O traballo máis recente de Manuel Veiga (Monforte, 1960), 'A literatura galega contada aos escépticos' (Galaxia), recolle unha ducia de achegas que tratan de botar luz sobre algunhas cuestións que se manexan topicamente sobre o libro e a literatura galega.