A Xunta Electoral remitiu aos Xulgados unha incidencia notificada por Correos e anulou os votos emitidos por catro residentes. En total, 52.469 galegas e galegos votaron por correo, o que se traduce nunha caída de 16% a respecto de 2019.
Á falta de persoal engádense, segundo manifestan desde o Sindicato Labrego Galego, as dificultades de non contar tampouco con medios materiais suficientes para a atención das persoas residentes, tales como grúas adaptadas, cadeiras de rodas e todo tipo de material sanitario.
As últimas estimacións do IGE presentan un escenario pouco optimista no que haberá 251 maiores de 65 por cada 100 mozos e mozas, isto é, máis do dobre.
A Lei da autoridade do cliente financeiro incluirá unha emenda de PSOE e UP que busca paliar os efectos da chamada fenda dixital e a escaseza de servizos no rural.
Estas son todas as novidades que introduce a reforma das pensións e que esta quinta feira presentou José Luis Escrivá. Aprobouse como real decreto-lei, mais o ministro abriu a porta a que se tramite como proxecto de lei no Congreso para que os grupos poidan introducir emendas.
Persoas xubiladas e pensionistas non renegan dos trámites en liña mais reclaman atención "cara a cara" en todos os servizos. Esta quinta feira maniféstanse nas sete cidades galegas.
Un total de 357 persoas faleceron na Galiza en 2022 esperando pola axuda de dependencia. Isto supón unha media de 30 persoas con dereito pendente de prestación que morren cada mes sen recibir a atención. Ao tempo, aumenta o tempo medio de espera das resolucións, situado en 377 días.
O ministro de Seguridade Social convoca unha reunión urxente con sindicatos e patronal para trasladarlles o acordo alcanzado entre os socios de goberno e que conta co aval de Bruxelas.