maiores

O persoal das residencias pide rematar coa precariedade (Foto: M. Dylan / Europa Press).
TRABALLO

As residencias privadas de maiores e os centros de día irán á folga o 18 de marzo

Os sindicatos convocantes (CIG, CCOO e UXT) denuncian o incumprimento do convenio por parte da patronal e as condicións de precariedade nas que este colectivo desenvolve o seu traballo.
A Coruña
Exterior Abanca (Cantón Grande). Ana Pontón () participa en el acto simbólico de denuncia de la exclusión financiera en Galicia.
01/02/2022
Foto: M. Dylan / Europa Press
As persoas maiores denuncian a exclusión financeira motivada pola dixitalización

A banca fechou máis de 1.400 sucursais desde 2008

As queixas polos procesos de exclusión bancaria chegan por diversas frontes. Mentres uns cidadáns protestan polo fechamento de sucursais no rural e nas vilas, outros fano pola redución de servizos financeiros baixo a coartada da dixitalización. As mobilizacións das últimas semanas non son máis que a punta do iceberg.

Unha oficina de Abanca en Compostela (Nós Diario)
ECONOMÍA

Abanca comprométese a non fechar oficinas en municipios onde é a única entidade

Abanca garante o mantemento indefinido das oficinas nos 134 municipios onde é a única entidade con actividade, ao tempo que acorda ampliar o horario de atención no portelo até as 14 horas para as e os clientes de avanzada idade que o precisaren.

A idade pode dar lugar a discriminación (Foto: CCG).
SOCIAL

Os "prexuízos" e a discriminación pola idade a debate no Carballiño

O Consello da Cultura e a Valedora do Pobo organizan, en colaboración co Concello do Carballiño, un encontro o día 8 de febreiro sobre o idadismo ou discriminación por cuestión de idade.  

Atención médica no domicilio con tenrura

Unha persoa asoma pola xanela da residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
POLÍTICA

As residencias de maiores terán un tope de 150 persoas usuarias

As residencias de maiores que se constrúan na Galiza deberán estar deseñadas para un máximo de 150 persoas usuarias e dividirse en unidades de convivencia de até 25 persoas. Así o expuxo a conselleira de Política Social, Fabiola García. O novo modelo residencial da Xunta aposta polos xeriátricos privados.
 
Olalla Rodil e Ana Pontón piden un sistema público de residencias (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O BNG presenta unha lei de residencias para un modelo público que “garanta o dereito á vellez digna”

Ana Pontón defende pór en 100 o máximo de prazas por residencia, que 90% das habitacións sexan individuais, así como un censo único de usuarias e usuarios, un corpo de inspección específico e un portal de transparencia que facilite toda a información dispoñíbel de cada centro.

Outra alternativa para @s maiores

Varias persoas nunha residencia de Carballo no mes de xuño. (Foto: M. Dylan / Europa Press) #residencias #maiores #atención
SOCIAL

Un maior "gasto público e privado", básico para a calidade da atención nas residencias de maiores?

A Fiscalía aposta nestas vías na súa última memoria, entregada ao presidente do Parlamento. A institución advirte do "desamparo" sufrido polas usuarias e usuarios dos centros xeriátricos durante a pandemia da Covid-19. Os datos danlle parte da razón, pois un bo número das vítimas do coronavirus vivían neste tipo de instalacións por todo o país.

Unha usuaria dunha residencia no comezo da campaña para a terceira dose da vacina. (Foto: César Arxina / Europa Press)
TRABALLO

Acusan residencias de maiores de obrigar a auxiliares a exercer como enfermeiras

A Consellaría de Política Social nega esta denuncia por parte do comité de representación do seu propio cadro de persoal. A denuncia fala, en concreto, do que supostamente acontece en centros de atención á terceira idade en Caranza, no concello de Ferrol, e Oleiros. Con independencia desta acusación, o certo é que algúns grupos que operan na Galiza precisan profesionais da enfermaría para garantir a atención.
Varias persoas acoden a facer trámites relacionados co coronavirus, en Ourense. (Foto: Área Sanitaria de Ourense) #coronavirus #covid19 #pandemia #sergas #ourense
SOCIAL

Covid: Os contaxios caen por debaixo do centenar por primeira vez desde que comezou a quinta onda

O Sergas vén de informar tamén dun alivio da presión hospitalaria ao haber 107 persoas ingresadas na rede galega, nove menos que no anterior balance. A Xunta estima que os casos activos ascenden a 2.387.
Imaxe dunha persoa maior. (Foto: Xunta) #residencias #contaxios #coronavirus #domusvi #maiores #covid19
SOCIAL

Repuntan os contaxios nas residencias ao detectar até 59 positivos na DomusVi Monforte

Cómpre lembrar que o municipio onde está situado ese centro de maiores é o único que permanecerá por enriba do nivel medio-baixo de restricións a partir da medianoite deste sábado. O Comité Clínico recomendou esta terza feira que permaneza no chanzo medio-alto de limitacións debido á situación epidemiolóxica.
Dúas persoas entran nunha residencia de maiores de Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press) #residencia #maiores #lugo #vítimas #coronavirus #covid19
SOCIAL

Covid: Galiza supera as 2.600 vítimas da pandemia con catro novos falecementos, dous en residencias

A Consellaría de Sanidade vén de informar dos catro últimos decesos, que elevan o número de falecementos polo virus a 2.602.
Maiores de xestoso
SOCIAL

A veciñanza de Monfero denuncia a sobrecarga asistencial do centro de saúde

Sinalan que a falta de persoal fai que só estean a prestar servizo un médico e un enfermeiro, o que supón unha sobrecarga asistencial dado o incremento de poboación maior no concello.
Acceso a unha residencia de maiores (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

A Covid regresa ás residencias de maiores, máis leve e menos expansiva

Galiza suma 83 casos activos de Covid-19 entre usuarias de centros da terceira idade e atención á discapacidade.
Residencia da Fundación San Rosendo no Incio (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Galiza, á cola do Estado en prazas públicas de residencia para maiores

A cobertura dos xeriátricos galegos incumpre as recomendacións da OMS
Varias persoas ás portas dunha residencia de maiores en Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

A Covid-19 volve atacar as residencias: xa hai dous focos nesta quinta onda

A Federación Rede di que estes contaxios entran dentro da normalidade, pois a vacinación non impide contraer o coronavirus pero si rebaixa os seus síntomas. A problemática é maior, por exemplo, en Catalunya onde "o 20% das persoas traballadoras negáronse á vacina".
Acceso a unha residencia de maiores (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Perto de 90 xeriátricos entran na listaxe das empresas que máis diñeiro facturan na Galiza

O informe Ardán, un documento de análise económica que elabora a Zona Franca de Vigo, revela que xa antes da pandemia as principais residencias de maiores do país moveron 209,15 millóns de euros en só un ano.

EuropaPress_3742649_alava_equiparara_agosto_prestacion_contratar_asistentes_personales_salario
SOCIAL

O sector da dependencia maniféstase en Santiago por un novo modelo de coidados

A Plataforma da Dependencia denuncian que case 90% dos servizos están privatizados en detrimento da calidade do servizo e por iso se convoca unha manifestación, o domingo 27 ás 12 horas na Alameda.
Feixoo de visita na residencia Volta do Castro. (Foto: Ana Varela / Xunta da Galiza) #residencias #maiores #desescalada #feixoo #xunta #políticasocial #pandemia #coronavirus #covid19
SOCIAL

A Xunta impón saídas das residencias dun "mínimo de cinco días" e unha PCR negativa para regresar

Esta decisión, froito do acordo entre as consellarías de Sanidade e Política Social, fai que se retiren algunhas limitacións, como aquela que afectaba ás visitas, pero implica probas sanitarias para aquelas usuarias e usuarios dos centros que vaian visitar á familia. O que non aclara o Goberno galego é se o exame correrá por conta da administración pública ou da residencia ou terá que ser pagado de forma individual por cada persoa.