LGBTIQ+

Sagrario Torrado, Carme Adán, Enrique Latorre e Manuel Portas na presentación no IES Xelmírez I. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A mostra 'Sen cancelas' divulga a diversidade sexual na Galiza

A exposición itinerante Sen cancelas, memorias do arco da vella na Galiza leva aos centros educativos un percorrido polos fitos históricos, dereitos e conceptos chave da loita do colectivo LGBTI. Nós Diario conversa coa coordinadora do proxecto e catedrática de Filosofía, Carme Adán, para coñecer a fondo a proposta.

O Papa Francisco (Foto: Stefano Spaziani / Europa Press).
SOCIAL

O Papa Francisco: "Ser homosexual non é delito, mais si é pecado"

Francisco recoñeceu o apoio dalgúns bispos en diferentes partes do mundo ás lexislacións que van en contra dos dereitos do colectivo LGBTIQ+.
Bárbara G. Vilariño é xornalista e activista (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Bárbara G. Vilariño: "A representación de personaxes LGBT+ é bastante estereotipada e autoexplicativa"

Bárbara G. Vilariño, xornalista e parte do equipo de coordinación do Club de Lectura Queer da Coruña, foi a encargada de presentar as II Xornadas de Diversidade Afectivo-Sexual nas series de televisión organizadas polo Concello e a asociación LES A Coruña. Vilariño aborda as eivas da ficción en canto a representación e relevancia xa que, como ela di, “sabendo como é o mainstream, traballar desde aí tamén pode axudar”. 
A bandeira Trans durante unha manifestación (Foto: Lito Lizana / Zuma Press / Contactophoto).
LINGUA

A RAG inclúe no seu dicionario as palabras 'Trans' e 'Cis'

Múltiples asociacións a prol dos dereitos das persoas trans viñan reclamando desde hai tempo que a RAG incluíse estes termos para axudar a popularizalos e estender o coñecemento sobre eles.
Coordina o volume Nee Barros. (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Nee Barros: "É interesante que sexamos as persoas autistas as que contemos as nosas propias historias"

Nee Barros vén de recibir o V Premio María Victoria Moreno pola súa novela 'Nom estamos quebrades', escrita en galego reintegrado e cunha linguaxe non binaria e que sairá en abril coa editora Cuarto de inverno. Barros aborda as eivas na representación de determinados colectivos na literatura e nos espazos seguros xa que, como di, “intento dar voz a cousas que a min me gustaría que estiveran representadas”.
 
A ministra de Igualdade, Irene Montero (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press).
A norma consolida dereitos laborais e educativos

Aprobada a 'Lei trans', que permite a autodeterminación de xénero

O pleno do Congreso aprobou  onte a Lei trans, que permite a autodeterminación de xénero a partir dos 14 anos, nunha votación na que se abstivo a ex vicepresidenta do Goberno, a socialista Carme Calvo, rompendo a disciplina de voto do seu grupo.
Axentes da Policía Local rescataron o banco do mar. (Foto: Concello de Rianxo)
SOCIAL

Guindan ao mar un banco coa bandeira LGBT en Rianxo e o Concello advirte: "Non permitiremos que gañen os intolerantes"

O Goberno local reporá o banco e pintará máis coas cores do arco da vella, ao tempo que intensificará a vixilancia para "dar cos causantes desta acción tan covarde".
Manuel Neuer, porteiro da selección nacional de Alemaña. (Foto: Europa Press)
DEPORTES

Bruxelas ponse de perfil ante as presións da FIFA contra os brazaletes co arco da vella en Qatar

A Unión Europea recoñece os "avances" en Qatar.
Harry Kane, capitán da selección inglesa, co brazalete 'One Love'. (Foto: Nick Potts / PA Wire)
DEPORTES

A FIFA cede ás presións de Qatar: cartón amarelo a quen leve o brazalete co arco da vella

"Isto vai contra o espírito do noso deporte, que conecta millóns de persoas. Analizaremos de maneira crítica a nosa relación coa FIFA no próximo período", advirten as federacións de Alemaña, Bélxica, Dinamarca, Gales, Inglaterra, Países Baixos e Suíza.
Estímase que durante a construción das instalacións do Mundial morreron máis de 6.000 persoas. (Foto: Federico Gambarini / dpa)
Fútbol

Mundial de Qatar: miseria e vulneración de dereitos humanos no país da opulencia

Entidades sociais exixen indemnizar os milleiros de traballadores que sufriron explotación laboral durante a construción das infraestruturas do Mundial coa mesma contía que se destina a premios durante o torneo, 440 millóns de dólares. Porén, a FIFA e outras federacións como a española dan a calada por resposta mentres Gianni Infantino reduce a defensa dos dereitos fundamentais a "batallas ideolóxicas" que pide evitar.
Manifestantes este sábado na zona vella de Compostela (foto: César Arxina / Europa Press).
SOCIAL

Manifestantes mobilízanse en Compostela en defensa da Lei Trans

A polémica pola aprobación da Lei Trans e o debate que está a xerar no seo de partidos como políticos como o PSOE copou gran parte da lectura do manifesto da mobilización, xa ao finalizar a marcha fronte á Catedral de Santiago.
Manifestación do 22 de outubro en Madrid para exixir a tramitación da Lei trans. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Podemos acusa os socialistas de pór "escusas" para atrasar a Lei trans

O PSOE di querer blindar a norma ante un recurso da dereita
A presidenta da asociación Arelas, Cristina Palacios (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Cristina Palacios: "O colectivo trans quedou no medio da loita política"

A Asociación de familias de menores trans Arelas, convocou para o vindeiro sábado unha manifestación en Santiago ante unha nova ampliación, por parte do Congreso, do prazo de presentación de emendas da Lei Trans. Nós Diario conversa coa presidenta de Arelas, Cristina Palacios, para coñecer as demandas do colectivo trans.
A bandeira trans diante da sede do PSOE en Madrid (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press).
POLÍTICA

O PSOE rexistra emendas á Lei Trans que buscan limitar a 'autodeterminación de xénero' en menores de 16 anos

Os socialistas rexistraron as súas emendas dous días antes de que se feche o prazo de emendas á devandita lei, a vindeira cuarta feira 2 de novembro, se non houber máis prórrogas.
Activistas defensoras da Lei Trans celebran o avance do texto no Congreso, esta quinta feira. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
POLÍTICA

O Congreso amplía, máis unha vez, o prazo de presentación de emendas á Lei Trans

A Mesa da Cámara Baixa tomou esta decisión a pedimento do PSOE e do PP. Trátase dunha nova ampliación do prazo para esta norma, que se tramita pola vía de urxencia.
A ex militante socialista e antiga parlamentaria na Asemblea de Madrid Carla Antonelli. (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press)
POLÍTICA

Carla Antonelli abandona o PSOE polos atrasos da Lei trans e denuncia "transfobia e humillacións internas"

Antonelli, primeira muller transexual en ocupar un cargo parlamentario no Estado español, acusa a ex vicepresidenta Carmen Calvo de difundir un "panfleto transfóbico" entre a militancia e a conselleira de Estado Amelia Valcárcel de chamala "señor sesenteiro". Tamén sinala a militante Alicia Miyares por dicir nun congreso: "Eu chámoos tíos, porque son tíos".
As Irmandades do Dado nace da man de Jorge Diz (na imaxe), Lamia Escura, Mariola Juncal e Viriato Valdés. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Jorge Diz: "Cando xogamos unha partida e precisamos un material que non está en galego, traducímolo"

Jorge Diz é integrante e membro fundador das Irmandades do Dado, unha comunidade en liña de rol en galego que desenvolve as súas actividades na plataforma Discord. Diz fala do proceso de creación deste servidor que na súa conta de Twitter (@IrmandadesDado) definen así: “para neofalantes e paleofalantes, para novatas e veteranas do rol, pro LGBTQ+”.

Catorce anos de traballo

Manifestación en Compostela con motivo do Día do Orgullo LGBT+, no pasado mes de xuño (Foto: Arxina).
SOCIAL

Os delitos de odio contra a comunidade LGTBI medraron 71% en 2021

A maioría das agresións rexistradas nun estudo do Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia producíronse na vía pública.
Alejandra Ironici, nun acto. (Foto: Instagram)
INTERNACIONAL

Asasinan Alejandra Ironici, activista pioneira na loita polos dereitos das persoas trans en Arxentina

Ironici era recoñecida por ser a primeira muller trans en obter o recoñecemento legal en Arxentina.