A norma consolida dereitos laborais e educativos

Aprobada a 'Lei trans', que permite a autodeterminación de xénero

O pleno do Congreso aprobou  onte a Lei trans, que permite a autodeterminación de xénero a partir dos 14 anos, nunha votación na que se abstivo a ex vicepresidenta do Goberno, a socialista Carme Calvo, rompendo a disciplina de voto do seu grupo.
A ministra de Igualdade, Irene Montero (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press).
photo_camera A ministra de Igualdade, Irene Montero (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press).

O pleno do Congreso aprobou  onte a Lei trans, que permite a autodeterminación de xénero a partir dos 14 anos, nunha votación na que se abstivo a ex vicepresidenta do Goberno, a socialista Carme Calvo, rompendo a disciplina de voto do seu grupo. A lei impulsada por Irene Montero a través Ministerio de Igualdade finaliza así unha tramitación de case tres meses na Cámara Baixa que estivo sempre acompañada de controversia.

Ademais da mudanza de nome e xénero, a lei tamén permite que as mulleres lesbianas, bisexuais e as mulleres sen parella volvan ter acceso a técnicas de reprodución humana e permítelles filiar os seus fillos e fillas sen ter que casar. Tamén prohibe as "terapias de conversión", "aversión" ou "contracondicionamento" que pretenden modificar a orientación, identidade sexual ou a expresión de xénero das persoas; consolida dereitos para as persoas LGBT no ámbito educativo e laboral; e garante que a atención sanitaria das persoas trans se realice conforme aos principios de non patoloxización, autonomía, codecisión e consentimento informado.

O CXPX reclama permiso paterno para abortar

O pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) aprobou tamén onte o informe ao anteproxecto de reforma da Lei do aborto, no que suxire manter a concorrencia do consentimento da menor co consentimento paterno, no caso das mozas de 16 e 17 anos que queiran abortar. 

O texto aprobado polo pleno sinala tamén que o dereito a recibir información é un requisito para o aborto, "desde a debida formación da vontade e da conformación dunha decisión co debido coñecemento e comprensión das consecuencias físicas e psicolóxicas da prestación do consentimento".  

Comentarios