star
25 anos desde a creación da Secretaría Xeral
Ricardo Suárez
01/ago./22 13:21
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) vén de publicar o seu informe anual sobre a acción exterior da Galiza, co nome de Nós no Mundo. A edición 2022 desta publicación leva por título '25 anos: da creación da Secretaría Xeral á Lei de Acción Exterior'. Un balance da política pública de acción exterior da Galiza, co fito da perspectiva que dá a creación da Secretaría Xeral da Acción Exterior no organigrama político e administrativo da Xunta da Galiza hai agora pouco máis de 25 anos, en 1997.