Opinión

A guerra biolóxica, moi actual

Entre o 28 de novembro e o 16 de decembro celebrouse en Xenebra a IX Conferencia de Revisión da Convención sobre Armas Biolóxicas e Toxínicas (CABT) con novas revelacións sobre a participación de determinadas personaxes e institucións norteamericanas no programa biolóxico-militar da Ucraína. Como xa é costume, a prensa occidental ignorou a información máis importante facendo as delicias da inmensa pléiade de crédulos e submisos ao imperio das mentiras. 

Non obstante, a pesar do escurantismo dos EUA sobre este asunto, intentando impedir que salgan á luz algúns participantes en proxectos de guerra biolóxica, sóubose da implicación, entre outros, de importantes funcionarios e colaboradores (públicos e privados) do Pentágono, como Kenneth A. Myers, ex director da Axencia de Redución de Ameazas de Defensa (DTRA); de Tara O’Toole, vicepresidenta executiva do fondo de capital risco In-Q-Tel, controlado pola CIA, de Thomas Frieden, ex director dos Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades (CDC) dos EUA, de Francis Collins, ex director dos Institutos Nacionais de Saúde (NIH) e de Mikael Dolsten, director científico e presidente de Investigación e Desenvolvemento Médico da compañía Pfizer. É dicir, as institucións sanitarias e as grandes farmacéuticas forman parte do complexo militar-industrial do Pentágono e da Secretaría de Estado poñendo patas arriba toda a narrativa de investigación independente e puramente profesional do sistema sanitario-farmacéutico de EUA e, en consecuencia, do Occidente colectivo.

A proposta de facer constar as violacións dos acordos internacionais de EUA en territorio ucraíno, así como o de promover e estabelecer un control efectivo das armas biolóxicas, caeu en saco roto ao bloquear a delegación de EEUU a inclusión no documento final da CABT dun protocolo xuridicamente vinculante con procedementos de verificación, a pesar de que 120 países se pronunciaron a favor da iniciativa. Democracia en estado puro.

Se os norteamericanos non tivesen nada que ocultar deberían permitir investigar para que quedase todo claro e limpos de calquera sospeita. Non obstante, fronte ao que sería unha conduta transparente nun asunto tan delicado e perigoso, EUA insiste en crear mecanismos alternativos á CABT que sexan máis manexábeis, consonte cos seus intereses. A auto-acusación máis clara  é o traslado das súas actividades biolóxicas a outros países do leste e asiáticos máis seguros.

Por se alguén ten problemas de amnesia, John Kiriakou, antigo membro da CIA na década dos noventa, lembra en Consortium News que contrariamente ao principio oficial de “recrutar espías para roubar segredos”, a axencia tiña como un dos seus principais cometidos a explotación de numerosos laboratorios experimentais para as súas actividades inconfesábeis. Kiriakou sinala o programa Mkultra ou a Midnight Climax onde se experimentou en xente común con drogas (LSD) para o control mental. Despois do que sabemos, todo é posíbel, como a utilización de pandemias ou as gripes porcinas para experimentar cos virus adecuados en países amigos e inimigos. Ciencia ficción? Por desgraza, parece que non.

Comentarios