Rusia podería saír da recesión mentres Europa cae nela

'The Economist' sinala que segundo datos de entidades bancarias como Goldman Sachs e institucións como o Fondo Monetario Internacional (FMI) a economía rusa recupérase.
A dependencia rusa de Alemaña pasou de 35% a 12%, afirma o Goberno. (Foto: World Energy Trade)
photo_camera A dependencia rusa de Alemaña pasou de 35% a 12%, afirma o Goberno. (Foto: World Energy Trade)

A publicación inglesa especializada The Economist, publicou esta semana unha análise comparativa da situación actual entre Rusia e Europa co panorama bélico na Ucraína de fondo. Nela conclúe que Mentres Europa cambaléase ao bordo dunha profunda recesión, a situación económica en Rusia está a mellorar.

Explica esta afirmación non só polo que chega a Europa a través das redes sociais, tamén con cifras. As sancións que impuxo a Unión Europea a Rusia tiveron unha primeira reacción na poboación rusa coa saída dunha parte dela (entre 550.000 e 800.000 segundo as estimacións) e a retirada das súas entidades bancarias de 14.000 millóns de dólares en setembro (segundo estimacións do propio medio).

Porén, hai analistas que sinalan que a súa recesión está rematando xusto cando comeza a de Europa. Nomean como fontes o Goldman Sachs, un banco que produce un "indicador de actividade actual", que amosa como lle vai á economía por países cada mes.

Tamén o FMI

Os seus datos indican que a actividade rusa é bastante máis animada que nos grandes países europeos. Unha medida de gasto producida por Sberbank, outro banco, cambaleouse tras o decreto de mobilización, mais desde entón volveu a subir.

Outro sinal é a produción na industria do automóbil, que hai uns meses practicamente caera a cero, mais tamén se recuperou, o que suxire que os produtores lograron abastecerse fóra de Occidente.

O medio inglés sinala que, en termos de dólares, as importacións mensuais de bens de Rusia agora poderían superar a media do ano pasado.

Tamén as últimas previsións do Fondo Monetario Internacional (FMI) aseguran que melloran as perspectivas económicas de Rusia para este ano. No mes de abril aseguraban que o Produto Interior Ruso (PIB) caería un 8,5% e agora a cifra é dun 3,4%.

Comentarios