Frederiksen inicia conversas para formar o Goberno danés

Mette Frederiksen, do Partido Socialdemócrata, foi a candidata máis votada nas eleccións que tiveron lugar en Dinamarca e xa puxo marcha o proceso de negocións con outras forzas políticas da esquerda para gobernar. En Groenlandia, pola súa parte, gañou o independentismo.
A socialdemócrata Mette Frederiksen (Foto: Thibault Savary/Le Pictorium Age / DPA).
photo_camera A socialdemócrata Mette Frederiksen (Foto: Thibault Savary/Le Pictorium Age / DPA).

A primeira ministra de Dinamarca, Mette Frederiksen, presentou onte a súa renuncia á raíña Margarita pondo así en marcha o proceso de negociación para formar un novo Goberno despois de que as formacións progresistas, e en concreto o Partido Socialdemócrata que a propia Frederiksen lidera, se impuxeran nas eleccións que decorreron na terza feira.

"Entramos na campaña coa promesa de formar unha coalición ampla. Parece que os daneses apoiaron iso e espero que o poidamos facer", dixo onte.

A suma das formacións progresistas dá 87 escanos, o que permitirá á mandataria manterse no Goberno. O Partido Socialdemócrata conseguiu dous escanos máis que nas anteriores eleccións, cando obtivo 48, obtendo desta forma máis do dobre de asentos que o segundo partido máis votado no país, o conservador Venstre, que pasou de 43 a 23 escanos. 

O resto de partidos progresistas lograron obter 37 escanos, o que sumado aos asentos socialdemócratas, fan un total de 87. Con todo, a estes resultados habería que engadir un mandatario das Illas Feroe, así como dous de Groenlandia -ambos os territorios noratlánticos de Dinamarca- o que outorgaría ao denominado 'bloque vermello' a maioría, que se sitúa en 90. 

Pola súa parte, a portavoz da Alianza Vermello-Verde, Mai Villadsen, pediu á primeira ministra Frederiksen que non abandone o 'bloque vermello' na súa procura de formar un novo Goberno, despois de que Frederiksen deixase entrever a posibilidade de explorar un novo Executivo máis tirado cara ao centro. 

Groenlandia 

En Groenlandia, o independentismo continúa sendo maioría. O socialdemócrata Siumut (Adiante) gañou co 37,6 % do voto (nas anteriores eleccións conseguira 29,4%), avantaxando 13 puntos ao esquerdista Inuit Ataqatigiit (Comunidade do pobo) que conseguiu 24,6%, cando obtivera 33,4%, e queda segundo.

Ambos os dous manteñen os seus escanos ao Parlamento de Dinamarca. O unionismo de Demoknaatit (Demócratas), Suleqatigiissitsisut (Coperación) e Atassut (Sentimento de Comunidade) non conseguirían representación así como tampouco as formacións independentistas de centro Nunatta Quitornai (Descendentes da nosa terra) e Narelaq (Punto de orientación).

Comentarios