Quen son os candidatos a substituír Stoltenberg á fronte da OTAN?

Inicialmente, estaba previsto que Stoltenberg fose xefe da alianza militar atlántica até o 30 de setembro de 2022, mais o seu mandato foi prolongado por un ano máis debido a "a maior crise de seguridade nunha xeración" provocada pola guerra en Ucraína, segundo o alto funcionario.
Jens Stoltenberg, secretario xeral da OTAN (Foto: NATO / dpa).
photo_camera Jens Stoltenberg, secretario xeral da OTAN (Foto: NATO / dpa).

A medida que se achega o mes de setembro, momento no cal expira o mandato de Jens Stoltenberg como secretario xeral da OTAN, crecen as especulacións sobre quen podería sucedelo.

Inicialmente, estaba previsto que Stoltenberg fose xefe da alianza militar atlántica até o 30 de setembro de 2022, mais o seu mandato foi prolongado por un ano máis debido a "a maior crise de seguridade nunha xeración" provocada pola guerra en Ucraína, segundo o alto funcionario.

Entón, que pasará agora?, permanecerá Stoltenberg no poder ou será substituído por outra persoa?

Un alto diplomático europeo afirmou que outra renovación do mandato de Stoltenberg segue sendo unha das opcións máis probábeis. Con todo, "Stoltenberg quere quedar", sinalou o informante.

Ian Lesser, vicepresidente do 'think tank' German Marshall Fund, declarou a Foreign Policy que "cada semana chega un da OTAN cun nome distinto, pero as murmuracións na OTAN [...] viran ao redor de Stoltenberg".

"Non creo que sexa un feito que o secretario xeral se vaia cando termine o seu mandato. Tamén hai rumores de que o seu mandato podería prolongarse", engadiu.

Quen, se Stoltenberg non?

Neste momento, hai varios outros candidatos que poderían asumir o cargo de secretario xeral da OTAN. Segundo certas fontes de FP entre os nomes máis soados figuran o primeiro ministro dos Países Baixos, Mark Rutte, a primeira ministra de Estonia, Kaja Kallas, e o secretario de Defensa do Reino Unido, Ben Wallace.

Mentres, a primeira ministra de Lituania, Ingrida Simonyte, a presidenta de Eslovaquia, Zuzana Caputova, a ex presidenta de Croacia, Kolinda Gravar-Kitarovic, e a presidenta da Comisión Europea, a alemá Ursula von der Leyen, tamén aparecen na lista de candidatos á xefatura da alianza atlántica.

Con todo, fontes familiarizadas co asunto indicaron que os seus nomes se mencionan con moita menos frecuencia.

Os secretarios xerais da OTAN foron tradicionalmente homes xefes de Goberno ou de Estado, pero non se trata dunha norma estabelecida, e moitos cren que un viceprimeiro ministro ou ministro de Asuntos Exteriores tamén sería aceptábel.

Boris Johnson?

Así mesmo, esta semana o ex primeiro ministro do Reino Unido, Boris Johnson, anunciou nunha entrevista con medios ucraínos que se presentaría como candidato ao posto de secretario xeral do bloque.

"Encabezar a OTAN? É unha gran idea. É unha idea moi boa. Quero salientar, queridos amigos, que teño esta idea e que ninguén esqueza que hai un candidato na liña", subliñou.

Así, o politólogo Laurent Borzillo expresou que a candidatura de Johnson pode ser desestimada dados os erros que cometeu cando foi primeiro ministro.

Comentarios