Milleiros de persoas piden en Bilbo que non se interfira na repatriación de presos

Manifestantes convocados pola rede Sare este sábado en Bilbo exixen que xuíces e fiscais "deixen de retorcer a lei".

Milleiros de persoas manifestáronse en Bilboen defensa dos dereitos dos presos vascos (H.Bilbao / Europa Press).
photo_camera Milleiros de persoas manifestáronse en Bilbo en defensa dos dereitos dos presos vascos (H.Bilbao / Europa Press).

A rede de apoio aos presos vascos Sare desenvolveu este sábado en Bilbo (Euskal Herria), baixo o lema 'Etxera bidea gertu' (Perto do camiño a casa), unha manifestación para reclamar que remate a "política penal de excepción" que se aplica aos presos vascos e para pedir "a súa volta a casa".

Na mobilización participaron representantes de EH Bildu, BNG, ERC, Junts, CUP e Podemos, así como dos sindicatos ELA, LAB, UXT, Steilas, ESK, EHNE, Etxalde, Hiru, CNT e CXT. Pola súa banda, PNV e CCOO adheríronse á reclamación, aínda que rexeitaron participar na marcha.

Na manifestación repartíronse ademais autocolantes co novo logotipo da Asociación de familiares e achegados de presos vascos, Etxerat, e da rede Sare, que suprimiron o mapa de Euskal Herria, deixando as dúas frechas, e substituíron o lema 'Euskal presoak Euskal Herrira' por 'Etxera'.

Tras unha lona de grandes dimensións na que se podía ler 'Stop medidas de excepción-Return, Retour, Etxera', que foi pasado por enriba das persoas manifestantes simulando unha onda, miles de persoas percorreron as principais rúas da capital biscaíña, a pesar de que a choiva e o vento fixeron a súa aparición en varias ocasións, para finalizar fronte ao Concello de Bilbo.

Desterrar o odio e a vinganza

Durante o traxecto, o portavoz de Sare, Joseba Azkarraga, mostrouse convencido que a multitudinaria marcha é "a expresión dunha parte importante da sociedade vasca" que pide "o fin da vulneración dos dereitos" das e dos presos vascos.

"Saímos dunha etapa complicada, unha longa etapa que gañamos despois de 34 anos; por fin o afastamento tocou practicamente ao seu fin, pero quédanos aínda un longo camiño por percorrer, que é a necesidade traelos a casa", sinalou.

Este obxectivo conseguirase, na súa opinión, "cando os xuíces e os fiscais deixen de retorcer as leis" e permitan que se aplique a lexislación "axustándoa ao momento que vive".

"Mais tamén, que se axuste de tal forma que a vinganza e o odio se desterre para sempre e que a lei se utilice exclusivamente para posibilitar a convivencia neste país", engadiu.

Comentarios