Un deslizamento de terra deixa 35 mortes en Alusí, Ecuador

De acordo con medios locais, durante a operación de procura e rescate, militares que traballan con equipos especializados localizaron dous novos corpos sen vida na localidade de El Tingo.
TRaballos de rescate apos o deslizamento de terra en Alausí, Ecuador (Foto: Fiscalía xeral do Estado de Ecuador).
photo_camera TRaballos de rescate apos o deslizamento de terra en Alausí, Ecuador (Foto: Fiscalía xeral do Estado de Ecuador).

A Fiscalía de Ecuador confirmou que na madrugada desta segunda feira subiu a 35 a cifra de vítimas mortais polo deslizamento de terra na localidade de Alausí, provincia de Chimborazo, ao centro do país suramericano.

Nunha mensaxe difundida a través das súas redes sociais, o Ministerio Público comunicou que “dispuxo o levantamento de dous cadáveres máis, achados na área do deslizamento de terra”.

De acordo con medios locais, durante a operación de procura e rescate, militares que traballan con equipos especializados localizaron dous corpos sen vida na localidade de El Tingo.

Os restos corresponden a unha muller adulta e unha nena, que quedaron sepultadas polo deslizamento ocorrido o 26 de marzo pasado. Logo de ser identificados, os corpos serán entregados aos seus familiares.

De acordo con a Secretaría de Xestión de Riscos, a traxedia deixou até o momento un saldo de 43 feridos, 53 desaparecidos, 1.034 damnificados, 581 afectados e 32 rescatados, en tanto que as vivendas afectadas e destruídas suman 163 e 57, respectivamente.

A través da súa conta en Twitter, a Secretaría informou que este domingo iniciou a evacuación de poboación en risco na parroquia de Huigra, cantón Alausí, debido a ameaza de esvaramento por movementos en masa.

Segundo a axencia, a saída da poboación dáse baixo o principio de autoprotección, “considerando a continuidade das gretas e o carácter activo de movementos en masa de 152.22 hectáreas.

Esta operación realízase de maneira coordinada coa Cruz Vermella, as Forzas Armadas, a Policía e os Bombeiros.

Ademais, o Instituto de Investigación Xeolóxico e Enerxético presentou un modelo xeosísmico que proporciona información para estabelecer deseños de estabilidade. Prevese que a ferramenta sexa utilizada polo Corpo de Enxeñeiros do Exército para estimar e reducir o risco de afectación ás vivendas que seguen en zona de perigo en Alausí.

Comentarios