Gürtel

Feijóo na conferencia de imprensa
POLÍTICA

O PP galego contratou con firmas da Gürtel cando Feijóo xa era presidente do partido

Os populares fixeron varios pagamentos a a Special Events e Pasadena Viajes, empresas chaves nesta trama de corrupción, entre 2006 e 2009. Así o desvela El Plural tomando como base a contabilidade do PP na Audiencia Nacional, á que tivo acceso

Ana Mato
OPINIÓN

Facenda confirma que a actual ministra de Sanidade beneficiouse da trama Gürtel

a Axencia Tributaria afirma que Ana Mato viaxou de balde a Disneyland París e Dublín grazas a regalos do principal acusado na trama, Francisco Correa. AQliás, a Gürtel pagoulle catro festas familiares

Galiza

Os seus gobernos pagaban sobreprezos, a trama Gürtel agasallaba con actos do PP

Até un 100% de beneficios facturaban as empresas da trama Gürtel na xestión de proxectos para institucións públicas gobernadas polo PP. A cambio, traballaban gratis na organización de eventos do partido, como descubren os documentos da contabilidade da rede. 

Francisco Correa e a súa compañeira na voda de Ana Aznar.
Mundo

A trama Gürtel pagou parte do casamento da filla de Aznar

A trama Gürtel fíxose cargo dunha parte dos pagamentos da voda da filla de Aznar, Ana Aznar con Alejandro Agag. Segundo informa El País, os 32.452 euros da iluminación da festa correron a cargo da trama que está a ser investigada na Audiencia Nacional.

Beiras, Feijóo e Jorquera
POLÍTICA

Jorquera denuncia que no novo xuízo a Dorado figura como imputado un avogado de Pablo Crespo

Un avogado de Pablo Crespo, Félix Pancorbo, figura como imputado no novo proceso que se segue contra Marcial Dorado na Audiencia Nacional. Denunciouno no Parlamento o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, na sesión de control a Feijóo. Narcotráfico. Gürtel. A conexión chámase Félix Pancorbo. Feijóo, fiel a súa táctica, deixou sen contestar as perguntas da oposición. Beiras plantouse diante do seu escano para lle afear a súa conduta.

Feijóo na conferencia de imprensa
POLÍTICA

Feijóo di agora que ignoraba que Crespo estaba en Portos até que estourou o Gürtel

A nova liña de defensa de Feijóo sobre o caso Gürtel é finxirse ignorante. En conferencia de imprensa, e a perguntas de Sermos Galiza, afirmou hoxe que ignoraba que Pablo Crespo, secretario de Organización do PP galego durante os 90, fose membro do consello de administración de Portos de Galicia.

diñeiro
ECONOMÍA

A amnistía fiscal: impunidade a prezo de saldo para a trama Gürtel

Facenda recoñece ante a Audiencia Nacional que sete imputados na trama Gürtel regularizaron máis de nove millóns de euros aproveitando as amnistías fiscais dos gobernos de Zapatero e Rajoy

Ilegalizar o Partido Popular (3) A trama Gürtel en Galiza.

Alfonso Pérez, “El Bigotes”, e Pablo Crespo crearon en Galiza Orange Market, unha das empresas da trama Gürtel, na década dos noventa; despois trasladaron á Comunidade Valenciana a sede social e a maior parte da actividade desta empresa.
Pablo Crespo na súa étapa de número 3 do PP galego
Galiza

21 imputados da Gürtel, entre eles Crespo, poderían terse acollido á amnistía fiscal

A amnistía fiscal aberta polo Goberno Rajoy non só puido ter sido aproveitada por Luis Bárcenas, que hoxe comparece ante a Fiscalía Anticorrupción.

Ilegalizar o PP (2). A trama Gürtel e o financiamento ilegal.

O financiamento ilegal do PP non é un suposto, senón un feito comprobado a través de numerosas declaracións e informes da policía, que recolle o sumario sobre a trama Gürtel (palabra que significa correa en alemán).
La Gaceta
Galiza

A Gürtel tamén pagou viaxes de Rajoy, segundo o dereitista La Gaceta

As redes ferven neste momento cunha capa do xornal dereitista La Gaceta que apunta directamente a Rajoy como beneficiario de viaxes gratuítas a conta da trama Gürtel. "A Rajoy tamén lle pagaron as viaxes", reza o titular a toda plana.
Ana Mato
POLÍTICA

A policía esclarece que Ana Mato recibiu regalos da Gürtel, mais a ministra se resiste a demitir

Os obsequios abranguen viaxes para ela e a súa familia por valor de 50.000 euros e artículos de luxo. Aliás, a trama Gürtel chegou mesmo a abonarlles festas de aniversario con pallasos.
crespo
Galiza

As contas de Bárcenas en Suiza reabren o caso Gurtel, trama con ramificacións no PP galego

O escándalo das contas do extesoureiro do PP Luis Bárcenas en Suiza, con 22 millóns de euros, volve poñer en primeiro plano o caso Gurtel, unha trama que salferiu, e non pouco, o PP galego a través de Pablo Crespo, número 2 da rede de corrupción e terceiro de a bordo dos populares galegos na época de Fraga e Cuíña