A trama Gürtel pagou parte do casamento da filla de Aznar

A trama Gürtel fíxose cargo dunha parte dos pagamentos da voda da filla de Aznar, Ana Aznar con Alejandro Agag. Segundo informa El País, os 32.452 euros da iluminación da festa correron a cargo da trama que está a ser investigada na Audiencia Nacional.

Francisco Correa e a súa compañeira na voda de Ana Aznar.
photo_camera Francisco Correa e a súa compañeira na voda de Ana Aznar.

Como un “casamento de Estado” se organizou en 2002 voda da filla do entón presidente do goberno español, José María Aznar á que foron convidados os máis poderosos representantes do mundo económico e político. Varios dos implicados na trama Gürtel, o caso que se instrúe na Audiencia Nacional, formaban parte da listaxe de convidados e foron os encargados de asumir os costes de iluminación da festa posterior ao enlace, un total de 32.452 que agora aparecen na documentación incorporada ao sumario e que fai pública El Pais. 

Xefes de goberno, os reis de España, presidentes autonómicos ou ministros eran parte da comitiva que asistiu ao casamento oficiado por Rouco Varela. Entre eles, Francisco Correa, máximo encausado na Gürtel, que estaba a súa vez á fronte das empresas que organizaban actos do PP e tamén se ocupou da iluminación da festa, alén de ser mesmo testemuña do casamento por parte de Alejandro Agag. O xenro de Aznar explicou mediante un comunicado o pago da iluminación como “agasallo de voda”. Na documentación, como fai constar El País, os máis de trinta e dous mil euros da iluminación contabilízanse como perdas. 

A contabilidade na que aparece o concepto de “boda Alejandro Agag” correspóndese coa que recolle o pago de agasallos a outros dirixentes do PP. A Gürtel é a mesma trama que agasallou os famosos traxes do expresidente valenciano Francisco Camps ou pagou as festas da familia da ministra Ana Matos. Distintos dirixentes, en especial de Madrid e Valencia, foron condenados ou admitiron teren recibido cuantiosos agasallos das empresas vencelladas á trama. 

Ademais de Francisco Correa, ao casamento da filla de Aznar estaba convidado o que era o seu “delegado” e  cabeza da Gürtel en Valencia, Álvaro Perez. 

Entre los invitados a la boda Aznar-Agag había otro jefe de la red Gürtel, Álvaro Pérez, quien dirigía la trama corrupta en la Comunidad Valenciana por encargo de Francisco Correa.

Máis en Mundo
Comentarios